GONZÁLEZ BARCIA DESÉXALLES A VECIÑOS E VISITANTES QUE DISFRUTEN DAS FESTAS PATRONAIS DE BURELA, QUE HOXE ENTRAN NA SÚA FIN DE SEMANA GRANDE. O REXEDOR AGRADECE O TRABALLO DAS PERSOAS QUE ELABORARÁN MAÑÁ A ALFOMBRA FLORAL, O APOIO DO COMERCIO E DAS EMPRESAS E A DEDICACIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA.
Burela, 1 de xuño de 2012. O alcalde, José María González Barcia, deséxalles a veciños e visitantes que disfruten das festas patronais de Burela, que entran na súa fin de semana grande. O rexedor pídelles que tenten evadirse dos problemas que “nos preocupan” e que “carguen as pilas porque o futuro que nos espera é laborioso”. González Barcia ten palabras de agradecemento para as persoas que elaboran a alfombra floral, para a comisión organizadora destes festexos e para todo o comercio e os empresarios polo seu apoio a esta cita.
José María González Barcia dixo que “como alcalde o que teño é que desaxarlles a todos os cidadáns deste concello e a todos os visitantes, que van ser moitos seguramente os que estean con nós estes días, que disfruten ao máximo posible das festas, que disfruten dos amigos e da familia. E intentar evadirnos un pouco dos problemas que día a día nos están ocupando e preocupando e que son moitos, por desgracia, nas épocas que estamos a vivir. O que lle pido á xente é que disfruten as festas, que o pasen o ben e que carguen as pilas porque o futuro que nos queda por diante é laborioso, pero estou completamente seguro de que traballando todos xuntos saimos desta, porque Burela cando quere saír sae. E agardar que tanto os actos lúdicos como os relixiosos teñan a brillantez que todos esperamos”.
O rexedor sinalou que “hoxe venres a partires das once e media a noite contaremos con dúas orquestras importantes como son Garibaldi e París de Noia, que seguramente concentrarán a moita xente no porto. Moita xente se concentrará tamén mañá na procesión que recorre a alfombra floral, e xa pola mañá incluso durante a elaboración da mesa. Quero agradecerlles fondamente no nome de todos os cidadáns deste Concello ás múltiples persoas que ano tras ano participan na elaboración da alfombra e nos traballos previos, que son moitos e moi duros. Creo que eles merecen todo o noso recoñecemento e o noso aplauso”.
Mañá sábado ás 10 da mañá darán comezo os traballos de elaboración da alfombra floral pola que discorrerá a partires das 21:30 horas a baixada das imaxes ao porto.
Barcia engadiu que “xa o domingo, si o tempo axuda, celebraráse a misa solemne e a tradicional procesión marítima que se ven realizando desde o ano 1946. Será a partires das 12 da mañá no porto. Intentaremos que sexa un día no que todos poidamos homenaxear á Virxe do Carme como preámbulo da saída dos barcos á costeira do bonito. E o luns xa é un día moito máis íntimo, é un día para a xente do pobo, pero tamén ten a súa relevancia con esa procesión de subida das imaxes hacia a igrexa”.
O alcalde de Burela tamén tivo palabras de agradecemento para a comisión de festas “polo seu traballo e agradecerlle especialmente a todo o comercio, autónomos e empresarios deste concello que se volcaron con esta celebración, nesta situación que estamos a vivir, para que as festas de Burela sexan tan dignas coma as de calquera outro ano”.
Centinela
A Corporación Municipal de Burela será recibida mañá ás 13 horas no patrullero Centinela, que estará atracado no porto. O horario de visita a esta embarcación para todos os que desexen coñecela será mañá sábado de 16 a 19 horas, e o domingo de 10 a 12:30 horas. Trátase dunha xornada de portas abertas coincidindo coa celebración do día das Forzas Armadas.


















Tamén haberá unha Master Class sobre o prato protagonista da xornada impartida por Alejandro Méndez e Alejandro Ares, membros da Asociación de Cociñeiros de Lugo. Outra das actividades previstas é unha exhibición de cociña e degustación gratuíta de máis de 700 tapas elaboradas con ovo e chourizo. Ademais, ao longo do día haberá actuacións musicais, feira artesanal con varios postos de artesanía alimentaria na que se promocionarán os produtos locais, talleres de oficios artesáns, exhibición de coches clásicos e xogos tradicionais.
Expón ata o sábado as novidades para este outono/inverno, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, asi como a presentación duns 100 diseños novos, modificando tamen os acabados finaiss incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa…
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.



