O PLENO DE CERVO APOIA, A PROPOSTA DO PARTIDO POPULAR, INSTAR AO GOBERNO DO ESTADO A NEGOCIAR UNHA REDUCIÓN DA TARIFA ELÉCTRICA DE ALCOA PARA GARANTIR A VIABILIDADE FUTURA DO PROXECTO EMPRESARIAL E DOS EMPREGOS A EL ASOCIADOS
– Demanda tamén que a Deputación de Lugo colabore coa Xunta na financiación dos servizos da axuda no fogar, tal e como establece a normativa vixente.
Cervo, 1 de xullo de 2011.- O Pleno da Corporación Municipal de Cervo, aprobou na tarde-noite de onte, xoves 31 de maio de 2012, os seguintes acordos a proposta do Grupo Municipal do Partido Popular:
EN APOIO DA VIABILIDADE E FUTURO DE ALCOA:
1.°) Trasladarlle ao Goberno de España a recomendación de impulsar un acordo urxente de prezos entre as empresas produtoras de electricidade e os grandes consumidores, que implique unha minoración dos actualmente vixentes ata o 31 de decembro, e un horizonte superior a cinco anos, que faga posible o desenvolvemento dos plans estratéxicos das industrias afectadas.
2.°) Solicitar unha revisión das tarifas de acceso para os grandes consumidores de enerxía que inclúan só e exclusivamente os custos asociados ás redes e aos de operación do sistema.
3.°) Instar que se manteña o servizo de xestión de interrumpibilidade da demanda.
4.°) Dirixirse á Xunta de Galicia para que poña en valor o carácter estratéxico das plantas de Alcoa en Galicia, pola súa produción de alumina e aluminio, polo súa achega ao valor engadido e polo volume de emprego xerado.
EN APOIO DOS SERVIZOS MUNICIPAIS DE AXUDA NO FOGAR E PARA QUE A DEPUCIÓN DE LUGO CUMPRA A SÚA OBRIGA LEGAL DE COLABORAR NO FINANCIAMENTO DOS MESMOS:
PRIMEIRO.- Instar á Xunta de Galicia a que continúe financiando o servizo de axuda no fogar para persoas con dependencia e os traballadores de referencia na área social de tódolos concellos de Galicia, e a axilizar o financiamento destes dous apartados co fin de mellorar a capacidade económica das administracións locais. Así como, garantirá naqueles concellos que superen os 20.000 habitantes, ou aqueles que coordinando servizos e presentando a solicitude sumen máis de 20.000 habitantes, o financiamento do servizo de axuda no fogar básico
SEGUNDO.- Instar á Deputación de Lugo a que cumpra co establecido na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia e na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, prestando apoio técnico, económico e xurídico aos concellos para que desenvolvan as competencias que lle son propias en materia de servizos sociais comunitarios. Así mesmo, deberá manterse a necesaria colaboración e coordinación entre Xunta e Deputación, asegurando a Deputación de Lugo o financiamento do servizo de axuda no fogar básico e do persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios básicos con perfís profesionais diferentes e complementarios ao do traballador social de referencia para as corporacións locais dos concellos de menos de 20.000 habitantes.
—————-
Mocións
O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR no Concello de Cervo a través do seu portavoz D. JOSE MANUEL BALSEIRO OROL en base á lexislación vixente, presenta a seguinte
MOCIÓN DO PARTIDO POPULAR SOBRE O FINANCIAMENTO DO SERVIZO MUNICIPAL DE AXUDA NO FOGAR
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, aprobada polo Goberno bipartito da Xunta de Galicia en 2009 e o Decreto que a desenvolve, aprobado en 2012, establecen as competencias e procedementos para axilizar e optimizar o financiamento destes servizos prestados polas entidades locais.
A mellora prodúcese, fundamentalmente, a través de dúas vías: permítense anticipos das axudas para a prestación dos servizos sociais comunitarios básicos –que se destinan, principalmente, a gastos de persoal e servizo de axuda a domicilio básica-; e pásase a liquidar trimestralmente, e non anualmente como ata agora, os pagamentos pola prestación do servizo de axuda no fogar de titularidade municipal para persoas dependentes.
A normativa incide tamén nun punto esencial para a prestación dos servizos públicos en xeral, e dos servizos sociais en particular. Deste xeito, articula unha maior coordinación en todo o Sistema galego de servizos sociais. Unha rede na que interveñen as distintas administracións da comunidade (local, provincial e autonómica), sendo de competencia municipal os servizos comunitarios básicos e os comunitarios específicos que deben desenvolverse –baixo a planificación da Xunta de Galicia- de xeito coordinado entre diferentes administracións
Para conseguilo, determina de forma exacta as competencias dos concellos, das deputacións e da propia Xunta de Galicia. En concreto, establece tamén que, de acordo coa Lei de Administración Local e coa Lei de Servizos Sociais, as deputacións prestarán “asistencia económica, técnica e xurídica” aos concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos. A nova normativa favorece tamén que os concellos se unan para solicitar conxuntamente os distintos servizos, sendo posible superar nas ditas agrupacións os 20.000 habitantes.
O incremento na prestación dos servizos sociais comunitarios e específicos e o axuste orzamentario ó que se están a ver obrigadas todas as administracións fan necesaria a existencia de liñas de financiamento estables no tempo, coordinadas e planificadas, entre as distintas administracións competentes, nun ou noutro nivel, en materia de servizos sociais.
Por todo isto e en aras de mellorar o sistema de financiamento e de atención ós servizos sociais e garantir a achega dun servizo de calidade á cidadanía, é polo que somete á consideración das e dos concelleiros a seguinte:
Proposta de acordo
O Pleno da Corporación municipal acorda
PRIMEIRO.- Instar á Xunta de Galicia a que continúe financiando o servizo de axuda no fogar para persoas con dependencia e os traballadores de referencia na área social de tódolos concellos de Galicia, e a axilizar o financiamento destes dous apartados co fin de mellorar a capacidade económica das administracións locais. Así como, garantirá naqueles concellos que superen os 20.000 habitantes, ou aqueles que coordinando servizos e presentando a solicitude sumen máis de 20.000 habitantes, o financiamento do servizo de axuda no fogar básico
SEGUNDO.- Instar á Deputación de Lugo a que cumpra co establecido na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia e na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, prestando apoio técnico, económico e xurídico aos concellos para que desenvolvan as competencias que lle son propias en materia de servizos sociais comunitarios. Así mesmo, deberá manterse a necesaria colaboración e coordinación entre Xunta e Deputación, asegurando a Deputación de Lugo o financiamento do servizo de axuda no fogar básico e do persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios básicos con perfís profesionais diferentes e complementarios ao do traballador social de referencia para as corporacións locais dos concellos de menos de 20.000 habitantes.
———————
O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR no Concello de Cervo a través do seu portavoz D. JOSE MANUEL BALSEIRO en base á lexislación vixente, presenta a seguinte
MOCIÓN DO PARTIDO POPULAR SOBRE OS CUSTOS DERIVADOS DA TARIFA ELÉCTRICA E O APOIO Á COMPETITIVIDADE DA EMPRESA ALCOA EN GALICIA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A empresa multinacional do aluminio Alcoa, con centros de traballo en San Ciprián e A Coruña, representa para A Mariña lucense o seu principal motor económico e laboral. De feito, os últimos datos coñecidos, indicaban que a factoría mariñá xera máis de 1.700 empregos directos e máis de 500 indirectos.
Alcoa, ademais de ser unha das mellores factorías de alúmina-aluminio do mundo, é unha das empresas máis importantes desde o punto de vista industrial de Galicia. Así por exemplo é clave para provincias como a nosa, a de Lugo, xa que só a actividade de Alcoa representa o 30% do PIB lucense.
Dada a importancia que este proxecto industrial ten en Galicia -e para A Mariña en particular- resulta evidente a necesidade de priorizar todos os apoios que se estimen necesarios para o mantemento da súa actividade, a viabilidade futura da empresa e do volume de emprego a ela asociada.
Tras o acceso á responsabilidade de goberno na Xunta do Partido Popular, déronse pasos nesta liña como son os convenios de colaboración asinados con Alcoa San Ciprián e Alcoa A Coruña para pór en marcha un proxecto de gasificación destas plantas, que supuxeron a mobilización duns investimentos de máis de 2,6 millóns e 1,5 millóns de euros respectivamente.
O apoio da Consellería de Economía e Industria a esta compañía permitirá a substitución do combustible actual, fuel-oil, por gas natural nos procesos produtivos das factorías así como o impulso definitivo ao inicio da tramitación do Gasoduto da Mariña.
Con todo, o principal reto da compañía está no custo derivado da tarifa eléctrica que paga. Para empresas como Alcoa, grandes consumidores de enerxía -con consumos equivalentes a 33.000 fogares- a factura eléctrica representa un dos gastos máis importantes da súa conta de explotación: seis veces o custo de amortizacións e cargas financeiras, tres veces o custo da man de obra directa, dúas veces a suma dos gastos fixos máis gastos de mantemento, administración, xerais e de ventas.
Neste campo os máis de 24 mil millóns de euros de déficit da tarifa eléctrica herdados tras a máis que cuestionable xestión de dúas lexislaturas socialistas no Estado -só en oito anos multiplicaron por 17 este déficit tarifario- obrigan a unha revisión forzosa do marco enerxético do noso país e, polo tanto, a unha variación das tarifas a particulares e empresas.
Ao obxecto de contribuír ao debate sobre o novo réxime tarifario e facelo desde a defensa dos intereses de Galicia tanto o Goberno galego como o Parlamento de Galicia teñen adoptado unha serie de acordos que, trasladados ao Ministerio de Industria, buscan conseguir que se adopten as medidas precisas para que Alcoa en Galicia e en España, manteña como mínimo os niveis de emprego actuais.
Na procura de reforzar estas reivindicacións, o Partido Popular estima necesario sumar aos distintos concellos e ao conxunto dos integrantes das Corporacións Locais da Mariña lucense. Faino como un exercicio de responsabilidade coa principal industria da comarca. E ademais en base ao texto consensuado e aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o 10 de abril de 2012.
É polo que somete á consideración das e dos concelleiros a seguinte:
Proposta de acordo
O Pleno da Corporación municipal asume como propia a moción aprobada por unanimidade no Pleno do Parlamento de Galicia que tivo lugar o 10 de abril de 2012 e, en consecuencia acorda:
1.°) Trasladarlle ao Goberno de España a recomendación de impulsar un acordo urxente de prezos entre as empresas produtoras de electricidade e os grandes consumidores, que implique unha minoración dos actualmente vixentes ata o 31 de decembro, e un horizonte superior a cinco anos, que faga posible o desenvolvemento dos plans estratéxicos das industrias afectadas.
2.°) Solicitar unha revisión das tarifas de acceso para os grandes consumidores de enerxía que inclúan só e exclusivamente os custos asociados ás redes e aos de operación do sistema.
3.°) Instar que se manteña o servizo de xestión de interrumpibilidade da demanda.
4.°) Dirixirse á Xunta de Galicia para que poña en valor o carácter estratéxico das plantas de Alcoa en Galicia, pola súa produción de alumina e aluminio, polo súa achega ao valor engadido e polo volume de emprego xerado



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



