A ILP a prol dos 3R e contra a incineración entra no Parlamento
4 de xuño de 2012. Nas vésperas do Día Mundial do Medio Ambiente, as asociacións cidadás, colectivos ecoloxistas e organizacións sectoriais opostas á incineración de residuos, fixemos entrega no Parlamento da documentación precisa para levar adiante unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) “PARA A APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA”. Trátase de clarificar e darlle forza xurídica á xerarquía dos “3R” consagrada pola normativa actual, para que sexa realmente de obrigado cumprimento. É nesa liña que esta ILP establece unha serie de medidas para a aplicación efectiva destes principios, excluindo a incineración como opción principal para o tratamento dos residuos en Galiza. Baixa o texto íntegro da pdfILP dos Residuos 2012
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O dereito de todas e todos a gozar dun ambiente saudábel, xunto ao deber de conservalo, foi recoñecido pola Constitución Española. No marco da mesma e da lexislación básica vixente, e de acordo co Estatuto de Autonomía, Galicia ostenta a competencia exclusiva para aprobar normas adicionais e máis esixentes para a protección ambiental.
Así, a Lei 10/2008 de residuos de Galicia estableceu como obxectivo prioritario o fomento da alternativa dos 3Rs (por esta orde, redución, reutilización e reciclaxe). A Directiva europea 2008/98/CE sobre os residuos, trasposta ao dereito estatal pola Lei 22/2011, formulou o obxectivo de transformar a actual sociedade nunha “sociedade do reciclado”, avanzando na adopción real das alternativas do 3Rs e contribuír á loita contra o cambio climático.
A Xunta de Galicia aprobou en xaneiro de 2011 o Plano de xestión de residuos urbanos de Galicia (PXRUG) 2010-2020. Este plan cumpre só na teoría cos obxectivos das referidas leis, xa que destina á prevención de residuos só o 2,2% do orzamento total, fronte ao obxectivo de redución do 10% dos residuos xerados. A suma de todos os investimentos dedicados no PXRUG á prevención, información, educación ambiental, recollida selectiva e outras medidas de reutilización e reciclaxe atinxe o 18,1% do total, fronte ao obxectivo mínimo do 50% de reutilización e reciclaxe. Pola contra, o 48% dos investimentos destínanse a unha nova planta de eliminación por incineración.
Todas estas previsións do PXRUG 2010-2020 son contrarias aos obxectivos teóricos das mencionadas leis. Estas din que a prevención, a reutilización e a reciclaxe son prioritarias, mais permiten que os plans de xestión destinen os recursos económicos e humanos á incineración e ao vertido.
Transcorridos máis de tres anos de vixencia da Lei e da Directiva de 2008, non se adoptaronaínda medidas efectivas de prevención, recollida selectiva, reciclaxe e compostaxe. Mentres, a Xunta está a favorecer outras opcións menos prioritarias e altamente impactantes, como os continuos recrecementos do vertedoiro da Areosa e a instalación dunha nova incineradora no sur de Galicia, incompatíbel co obxectivo de redución do 10% e reutilización e reciclado do 50% dos residuos domésticos.
En conclusión, faise necesario clarificar e darlle forza xurídica á xerarquía que establece a prioridade dos 3Rs, xa presente na normativa actual, para que sexa realmente de obrigado cumprimento. É nesa liña que a presente Lei establece unha serie de medidas para a aplicación deses principios, excluindo a incineración como opción principal para o tratamento dos residuos en Galicia.
Tense en conta ademais que a incineración de residuos segue a ser unha actividade altamente contaminante. Non só destrúe materias primas valiosas e imprescindíbeis para acadar unha “sociedade do reciclado”, senón que emprega a atmosfera como vertedoiro para gases ácidos, metais pesados, dioxinas e dióxido de carbono. Contaminantes que finalmente acaban caendo de novo sobre os solos, os cultivos e as augas das comarcas próximas ás incineradoras.
Tense en conta a reducida eficiencia enerxética da incineración en SOGAMA, con valores inferiores ao establecido pola Directiva 2008/98/CE para que se poida considerar como operación de valorización. E tense en conta tamén que a incineración preséntase como a alternativa máis custosa, pero a que menos emprego permite crear (entre 5 e 10 veces menos que a reciclaxe), algo que diante da actual crise debe terse moi en conta.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



