CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, reclama que a Xunta amañe os danos causados en Sergadelos polo ciclón Klaus. Villares recorda que o pasado 25 de xaneiro o Presidente da Xunta de Galicia e o conselleiro de Presidencia “visitaron a zona afectada. Tras comprobar in situ a situación comprometéronse a poñer os medios necesarios para arranxalo algo que agora non están a cumprir”. Según explica “ata o momento só ten constancia da redacción dun proxecto de intervención para recuperar a zona elaborado pola empresa Trasatec e que foi remitido ao Concello de Cervo o 25 de febreiro. Desde esa data nada se sabe respecto da data de inicio dos traballos”.
REFERENCIA ROLDA DE PRENSA
As fortes rachas de vento vinculadas a este proceso atmosférico danaron este espazo de interese arqueolóxico e turístico ao provocar a caída de árbores centenarias, a destrución de gran parte dos muros ou do mobiliario na área de recreo próxima ao Paseo dos Namorados e ás sendas do itinerario ambiental
VILLARES INSTA A TOURIÑO E A MÉNDEZ ROMEU A CUMPRIR O COMPROMISO DE RECUPERAR O COMPLEXO HISTÓRICO ARTÍSTICO DE SARGADELOS QUE CONTINÚA CON IMPORTANTES ESTRAGOS TRAS O PASO DO TEMPORAL KLAUS
· O pasado 25 de xaneiro o Presidente da Xunta de Galicia e o conselleiro de Presidencia responderon á invitación do Alcalde de Cervo e visitaron a zona afectada. Tras comprobar in situ a situación comprometeronse a poñer os medios necesarios para arranxalo algo que agora non están a cumprir.
· Ata o momento Villares só ten constancia da redacción dun proxecto de intervención para recuperar a zona elaborado pola empresa TRASATEC e que foi remitido ao Concello de Cervo o 25 de febreiro. Desde esa data nada se sabe respecto da data de inicio dos traballos.
· Villares lembra que agora que chega a primavera, unha época na viña rexistrándose unha grande afluencia no complexo histórico artístico de Sargadelos e, malia iso, a zona presenta un estado desolador.
Cervo, 13 de marzo de 2009.- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, reclamou no día de hoxe que o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño e o conselleiro de Presidencia, Jose Luís Méndez Romeu cumpran co seu compromiso de recuperar o complexo histórico artístico de Sargadelos, danado despois da chegada do ciclón Klaus o pasado mes de xaneiro.
O primeiro edil cervense explicou que ambos mandatarios prometeron que a Xunta de Galicia levaría adiante con urxencia as labores de recuperación do complexo histórico artístico e de reposición dos elementos danados ao seu estado orixinal. As fortes rachas de vento rexistradas e vinculadas a este perigoso proceso atmosférico provocou unha multitude de estragos, tanto na área recreativa ou no espazo denominado Paseo dos Namorados como nas diversas sendas forestais que percorren o itinerario ambiental da zona. Ao longo de todo este espazo acumúlanse árbores caídas, rotas ou arrincadas de raíz, muros destruídos, mobiliario con múltiples estragos e espazos inaccesibles como consecuencia do corremento de terras. En resume, un dos paraxes de maior atractivo turístico, histórico e patrimonial da nosa comarca presenta, a piques de transcorrer dous meses desde que pasou o temporal un aspecto desolador.
PROXECTO DE INTERVENCIÓN
O primeiro edil explicou que do único do que se ten constancia neste momento é da redacción dun proxecto de intervención elaborado pola empresa TRASATEC (que pertence ao grupo TRAGSA) e que, o pasado 25 de febreiro causou rexistro de entrada no Concello. Nel descríbense as actuacións que teñen previsto levarse a cabo para repoñer ao seu estado orixinal este espazo, así como para garantir a perfecta conservación dos primeiros altos fornos do noso país que alí se atopan.
Desde a Alcaldía do Concello de Cervo reclaman que se inicien sen máis dilación os traballos de recuperación do entorno. Botan en falta que os dirixentes da Xunta de Galicia se impliquen nesta importante tarefa tal e como se comprometeron e segundo consta no proxecto.
INTERESE HISTÓRICO, TURÍSTICO E PATRIMONIAL
O responsable municipal subliña tamén a urxencia de acometer estas actuacións, con independencia de que na actualidade os mandatarios da Xunta se atopen en funcións. “Se trata dunha cuestión prioritaria porque podería verse danado o patrimonio histórico e arqueolóxico da zona, pero tamén porque as árbores rotas ou danadas supoñen un perigo para aqueles transiten pola zona”. Nesta liña non comprende o silencio de asociacións que teñen por finalidade a protección do noso patrimonio artístico e cultural. Villares pensa que están moito máis preocupadas en facer política -referíndose a Mariña Patrimonio- que en defender de verdade o que é parte da nosa historia, do noso pasado e debera ser obxecto de protección.
PRIMAVERA
Finalmente o primeiro edil de Cervo ofrece un novo dato para reclamar a celeridade no inicio dos traballos de recuperación. Agora que está a piques de chegar a primavera comeza unha das épocas nas que, xunto co verano, maior afluencia de turistas e visitantes recibe a zona. E por iso que non é de recibo que un espazo da importancia do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos está a ser esquecido polo Goberno galego.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



