Na actualidade, 57 concellos teñen o Pxom adaptado á Lei do solo, dos cales 22 aprobáronse nesta lexislatura
A Xunta outorga aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Xove
· A orde de aprobación emitida pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio verifica que se corrixiron as observacións formuladas na anterior orde con data de febreiro de 2011, ao reducirse as áreas de expansión dos núcleos rurais e xustificar e modificar os urbanizables propostos
· A Xunta promoveu a creación dun grupo de traballo formado por técnicos das dúas administracións para avanzar no documento ata axustalo a referida Orde
· plan xeral que substituirá ás Normas Subsidiarias vixentes dende 1993 e contou cunha axuda por parte da Xunta de 140.000 euros para a redacción do seu planeamento
Santiago, 13 de xuño de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas outorgou a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Xove (Lugo).
A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo trasladou hoxe ao Concello a orde de aprobación definitiva, despois de analizar a documentación presentada o pasado 15 de maio polo concello lugués, e comprobar que se corrixiron as deficiencias sinaladas nunha anterior Orde de Non Aprobación, emitida o 4 de febreiro de 2011.
Nesta Orde indicábase a necesidade de axustar as delimitacións do solo de núcleo rural e as súas áreas de expansión afectadas polas servidumes sectoriais. Así como xustificar a necesidade dos urbanizables residenciais propostos axustando o modelo de ordenación, aos principios de utilización racional do solo e desenvolvemento sostible que demanda a lexislación vixente, artigos 4.e), 52.2 e 52.3 da LOUG; e artigos 2 e 10 do TRLS 2008.
O PXOM entrará en vigor 20 días despois da publicación da normativa e ordenanzas no Boletín Oficial da Provincia (BOP), previa publicación da Orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Tramitación
A Xunta de Galicia concedeu ao concello de Xove un total de 140.000 euros para redactar o plan xeral que foi contratado en outubro de 2004. Un ano máis tarde (novembro de 2005) a Secretaría de Ordenación emitiu un informe previo á aprobación inicial. O 9 de xuño de 2009 o concello aprobou inicialmente o seu plan e o someteu a información pública .
Durante a tramitación do plan xeral recabáronse os informes sectoriais, de costas, estradas autonómicas, fomento, telecomunicacións, patrimonio cultural, augas e portos. Mediante resolución do 21 de decembro de 2009 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental publicou a memoria ambiental correspondente ó procedemento de avaliación ambiental estratéxica.
O 15 de marzo de 2010, o Pleno municipal aprobou provisionalmente o documento do PXOM que foi remitido o 23 de novembro de 2011 á Xunta para Aprobación Definitiva. O 4 de febreiro de 2011 o Conselleiro ditou Orde de non aprobar e traslada un informe ao concello sinalando as deficiencias.
A Xunta promove a creación dun grupo de traballo formado por técnicos de ámbolas dúas administracións para axilizar a modificación do documento.
O 15 de maio de 2012, o Concello de Xove presenta achega á Xunta un exemplar completo do PXOM e anexo complementario do expediente administrativo aprobado anteriormente no Pleno de 9 de maio de 2012. O 12 de xuño de 2012, o conselleiro dita Orde de aprobación definitiva do PXOM de Xove.
22 PXOM aprobados nesta lexislatura
Así, este concello convértese na segunda administración local en aprobar o plan xeral en 2012 e no vixésimo segundo plan que a Xunta aproba no que se leva de lexislatura. Cómpre lembrar que durante estes anos a aprobación de plan xerais foi a seguinte:
-2009 ( 5 concellos): Vilar de Barrio, Rairiz de Veiga, Vigo, Sober e Laxe.
-2010 (8 concellos): Pedrafita do Cebreiro, Touro, Teo, Cualedro, Valga, Arnoia, Muros e Dodro.
-2011 (7 concellos): Outes, Tui, Cenlle, Beade, Boborás, Lugo e Moaña.
-2012 (2 concello): Cortegada e Xove.
Actualmente dos 315 concellos galegos:
249 concellos, o 79% réxense por un planeamento xeral:
– 57 teñen un PXOM adaptado a lei vixente (192 non)
– 162 están redactando un PXOM (31 non)
66 concellos, o 21 % non teñen planeamento, ou está suspendido ou anulado:
– 64 xa empezaron a redactar un PXOM.
– 2 concellos nin teñen planeamento, nin están redactando un PXOM acorde coa lei vixente: Abadín e Ribeira de Piquín, da Provincia de Lugo.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



