Foi dentro do seu programa de visitas culturais. En total viaxaron 36 maiores da escola, acompañados da concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, e a Educadora Familiar, Angélica Casabella, responsable da actividade. Acompañados dunha guía turística percorreron as instalacións do Arsenal, o barrio da Magdalena e a Concatedral. Despois do xantar, desplazáronse para vistar o castelo de San Felipe. A visita tivo un punto de profunda emoción, polo menos para unha parte do grupo, xa que moitos dos homes presentes recordaron o seu paso por Ferrol cando fixeron a “mili”, lóxicamente xa hai moitos anos. Inda tiñan frescas as vivencias de cando moraban neses espazos que onte percorreron, vivencias que compartiron cos restantes membros do grupo.
























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



