A Deputación insta á Ministra de Fomenta a explicar porque Lugo é a única capital de Galicia sen tren híbrido
– Aprobada a declaración institucional que demanda a implicación dos Gobernos do PP na negociación dunha tarifa eléctrica para Alcoa co fin de garantir 2.000 empregos en Lugo
– A institución aforra cartos, aproveitando fondos europeos para construír de xeito inmediato o sistema de canalización de 28.000 m3 que se xerarán no Centro de Recría
– A Deputación busca consensuar o protocolo de colaboración entre organismos provinciais e Xunta “imposto por Feijóo” xa que o aprobou malia coñecer dende hai semanas as “necesarias” aportacións para Lugo que quere introducir no documento a institución luguesa
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, instou hoxe á Ministra de Fomento, Ana Pastor, a explicar mañá, aproveitando a súa visita á provincia, porque o Goberno Central do PP decidiu que Lugo quedase fóra da rede de capitais galegas con servizo do tren híbrido Alvia S-730 cara Madrid, sendo a única na Comunidade. Martínez subliñou que a decisión dos populares fará que os lucenses teñan que seguir empregando o trenhotel para chegar a cidade madrileña, tardando 9 horas en facelo, mentres os cidadáns de Santiago, Ourense e Pontevedra, incluso os da Coruña e Vigo, contarán a diario e a partires deste domingo, 17 de xuño, polo menos con dous destes ferrocarrís, reducindo nunha hora este traxecto. Xunto á cidade luguesa, tamén Monforte seguirá estando a máis tempo de Madrid por ferrocarril que calquera outra urbe de Galicia. “O Partido Popular decidiu así que Lugo perda definitivamente o tren”, salientou.
E é que o anterior titular da carteira de Fomento, José Blanco, tiña previsto que o tren híbrido comezase a funcionar en Lugo a mediados deste ano, facendo que a capital luguesa quedase conectada con Madrid en 6 horas e, polo tanto, recortando en 3 horas os tempos de conexión actuais. Para elo, en xullo de 2010, o Ministro asinaba un contrato de transformación de 15 trenes S-130 en híbridos por un valor próximo ós 78 millóns de euros. Tan só un ano máis tarde xa se efectuaba a primeira proba en vía con pasaxeiros.
Compromiso con Lugo
Martínez subliñou que “con isto demóstrase que o PP só trae malas novas para a provincia. Isto é un exemplo máis do goteo incesante de paralizacións e atrasos en todas as actuacións que afectan a Lugo”. Neste senso, lembrou que o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tamén se comprometera, xa cando asumiu a responsabilidade da administración autonómica, a impulsar a liña de alta velocidade entre Lugo e Ourense, “compromiso que tamén se atopa totalmente paralizado”. A diferencia do que están a facer os Gobernos do PP, o voceiro destacou o compromiso con Lugo do anterior Executivo Central e, principalmente, do lucense José Blanco, indicando que “os gobernos progresistas foron os únicos que loitaron por acadar unha maior vertebración da provincia con Galicia, co noroeste peninsular e coa meseta. Exemplo delo é que, grazas á xestión de José Blanco, hoxe Lugo é a provincia galega con máis quilómetros de autovía libre de peaxe. Un total de 182, o que supuxo un investimento de 800 millóns de euros dende 2004, e que a nosa provincia fose unha da primeiras de España co maior orzamento en infraestruturas viarias realizada polo Departamento estatal”.
Esixencias
Ante a paralización destes proxectos en Lugo por parte dos populares, o Goberno Provincial levará unha moción ó vindeiro Pleno coa que esixirá ó Executivo Central que cumpra os prazos fixados polo Ministerio de Fomento en 2010 e que garanta a incorporación canto antes dun servizo de Alvia híbrido para a liña Ferrol-Coruña-Lugo-Monforte-Ponferrada co obxectivo de mellorar a comunicación da provincia co resto do territorio español. Con esta proposta tamén pedirá ó Presidente da Xunta que cumpra o compromiso asumido na época electoral de asumir a execución do treito de alta velocidade Ourense-Lugo para garantir a conexión directa da provincia con Madrid e evitar que a lucense continúe sendo unha das provincias españolas peor conectadas por ferrocarril.
Alcoa
Tal e como anunciou onte o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Xunta de Goberno aprobou hoxe unha declaración institución coa que o Executivo provincial insta a Feijóo e a Rajoy a implicarse no proceso de negociación dunha nova tarifa eléctrica para Alcoa co fin de garantir a continuidade da actividade desta factoría que aporta o 35% do PIB da provincia e xera 2.000 traballos en Lugo. Con este texto, a Deputación demanda ó Goberno Central que dote de prezos reducidos ás Comunidades con excedentes de produción enerxética como Galicia; pide á Xunta a construción dun gasoduto; e esixe ós responsables de Alcoa a manter o emprego e as condicións sociolaborais tanto na empresa principal como nas auxiliares.
Centro de Recría
Martínez destacou que a Deputación segue a avanzar en solitario nas obras do 1º Centro de Recría de gando vacún público en España, poñendo en marcha o proceso de construción do sistema de canalización dos 28.000 metros cúbidos de purines que se xerarán anualmente nas instalacións chairegas da Granxa Gayoso Castro. É e que a sesión aprobou un convenio entre Deputación e Inludes, organismo provincial que xestiona estes traballos, mediante o cal se conceden 124.146 euros para iniciar de xeito inmediato estas actuacións ó tempo que, paralelamente, se ultima a construción das 13 naves de recría que acollerán 3.000 novillas. Este orzamento procede dos fondos europeos, concretamente, da liña de actuación denominada “medidas para diminuír o impacto da carga gandeira na provincia” do Lug02, proxecto cofinanciado nun 70% pola Unión Europea. Este sistema permitirá que todos os residuos se depositen nunha depuradora para convertelos en enerxía, facendo unha xestión racional e sostible. O voceiro provincial socialista remarcou que “con este acordo, demostramos, unha vez máis, que sabemos optimizar recursos xa que aproveitamos os fondos europeos para a realización destes traballos, evitando contratacións externas e aforramos custes. Ademais, ratificamos a nosa firme aposta pola sector agrogandeiro, piar da nosa economía, fronte á desidia da Xunta de Galicia”.
Búsqueda de consenso no protocolo “imposto” pola Xunta
En mostra desta “absoluta desidia” polo rural, Martínez indicou que o “protocolo de colaboración permanente” entre Goberno galego e Deputacións aprobado onte pola Xunta non contempla colaboración algunha entre institucións para impulsar a gandeiría e a agricultura, así como o sector forestal, ou para combater o despoboamento. O voceiro indicou que “trátase dun protocolo imposto porque Feijóo aprobouno malia saber que esta Deputación non está de acordo co mesmo”. Neste senso, explicou que a institución luguesa recibiu un borrador deste documento, “insisto un borrador”, ó que respostou “coa máxima celeridade”, enviando xa hai semanas ó Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, un informe xurídico detallado no que se plantexa a necesidade de incluír colaboracións conxuntas ó respecto destas materias, así como de pechar actuacións concretas e transferencias económicas. Posteriormente e ante a falta de resposta, días antes de que dito protocolo fose ratificado polo Executivo autonómico, Besteiro enviou unha carta a Feijóo, amosando a súa disposición, por novena vez en 2 anos e medio, para manter unha reunión no que trasladarlle os temas que “verdadeiramente preocupan ós lucenses” co obxectivo de consensuar este documento.
“A Xunta fixo caso omiso. Polo contrario, nós buscamos o consenso. Queremos que Feijóo, que xa mantivo varios encontros bilaterais cos restantes Presidentes das Deputacións, de o mesmo trato a Lugo, abordando con Besteiro os asuntos estratéxicos para o desenvolvemento socioeconómico da provincia co fin de pechar este protocolo que, xudicialmente, comete aberracións porque impón competencias sen as transferencias económicas correspondentes e, políticamente, non atende ás necesidades dunha provincia 100% rural como a nosa”.



















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



