RIBADEO ACOLLERÁ DO 18 AO 20 DE XULLO UN CURSO DE VERÁN DA USC ARTE E PATRIMONIO NA MARIÑA LUCENSE, UN MOTOR PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL. ADEMAIS DE PONENCIAS HABERÁ UNHA MESA REDONDA E TAMÉN UNHA VISITA ÁS COVAS DO REI CINTOLO EN MONDOÑEDO.
Ribadeo, 22 de xuño de 2012. O Cine Teatro de Ribadeo acollerá os días 18, 19 e 20 de xullo o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela Arte e patrimonio na Mariña lucense, un motor para o desenvolvemento comarcal. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello pola concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, e polo secretario do curso, Diego Rodríguez Paz. A matrícula está aberta ata o vindeiro 6 de xullo.
Rodríguez Paz sinalou que “o obxectivo deste curso de verán é dar a coñecer á riqueza e a diversidade do patrimonio cultural da comarca da Mariña, prestando especial atención ao patrimonio artístico, pero cun enfoque pluridisciplinar que abarque outros ámbitos. Para iso presentamos unha serie de ponencias nas que se darán a coñecer diferentes investigacións relacionadas co patrimonio da nosa comarca e que van desde temas máis coñecidos como a basílica de San Martiño en Foz ou o mosteiro de San Salvador en Vilanova de Lourenzá ata outros máis descoñecidos para o público en xeral como a aparición dunha pintura de paisaxes propiamente galega a mediados do século XIX ou a presenza da escaleira monumental como elemento arquitectónico singular”.
O secretario deste curso de verán da USC dixo que “haberá unha serie de relatorios nos que se tratará o patrimonio cultural como un recurso estratéxico fundamental para o desenvolvemento comarcal. Para iso contaremos coa participación de diversos expertos, na súa maior parte vinculados ao ámbito universitario, pero tamén ao mundo da xestión cultural, algún deles cunha amplísima traxectoria tanto docente como investigadora en cuestións patrimoniais como é o caso de Ramón Yzquierdo Perrín, catedrático de historia da arte na UDC; José Manuel García Iglesias, catedrático de historia da arte na USC; ou José Manuel López Vázquez e Juan Monterroso Montero, ámbolos dous profesores titulares do departamento de historia da arte da USC e directores deste curso”.
A parte destas ponencias farase unha mesa redonda na que se debatirán estratexias para a difusión da cultura no ámbito local e comarcal e na que participarán representantes da Deputación de Lugo e dos Concellos de Ribadeo, Mondoñedo e Foz e os alumnos disfrutarán dunha visita ás Covas do Rei Cintolo en Mondoñedo, “un tipo de actividade diferente ás que veñen sendo habituais nestes cursos e que seguro que resultará atractiva para moita xente”, dixo Rodríguez Paz.
O curso vai enfocado tanto a estudantes universitarios como a persoas interesadas no patrimonio cultural e sobre todo a persoas vinculadas á Mariña lucense. Consta de 25 horas lectivas e conta con recoñecemento de créditos para todas as titulacións da USC. Os interesados poden matricularse presencialmente nos centros de matriculación dos campus de Santiago e de Lugo e en liña a través da www.usc.es/cultura. O prazo está aberto ata o vindeiro 6 de xullo “e animamos a todas as persoas interesadas a que se matriculen e que participen na actividade”.
A edil de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, agradeceu a colaboración dos Concellos de Mondoñedo e de Foz e da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e tamén a participación da Coral Polifónica de Ribadeo, que ofrecerá un concerto de clausura o 20 de xullo ás 21:00 horas.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



