O CONCELLO INICIOU HAI DÍAS OS TRÁMITES PARA A CONTRATACIÓN DOS 10 SOCORRISTAS QUE VIXIARÁN AS PRAIAS DE BURELA DURANTE O VERÁN. O ALCALDE AGARDA QUE COMECEN A TRABALLAR CANTO ANTES.
Burela, 29 de xuño de 2012. O Concello iniciou o mércores os trámites para a contratación dos 10 socorristas que vixiarán as praias de Burela durante este verán. O alcalde, José Mª González Barcia, asegura que “estamos á espera de que o servizo de empleo realice todos trámites pertinentes para que comecen a traballar canto antes”.
O rexedor sinalou que “pola nosa parte estamos a axilizar o proceso e os prazos ao máximo”. González Barcia tamén indicou que as bandeiras azuis que recibiron as praias de Burela non se izarán ata que eses areais non conten con servizo de socorrismo.
A praia de A Marosa contará con tres socorristas ao igual que a praia urbana e a de Ril contará todos os días cun socorrista e os domingos con dous.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



