A PRAIA DAS CATEDRAIS ESTÁ A REXISTRAR UNHA MEDIA DE 1.000 VISITAS AO DÍA NESTAS PRIMEIRAS XORNADAS DE AGOSTO. NO MES DE XULLO ARREDOR DE 18.000 PERSOAS SE ACHEGARON Á OFICINA DE TURISMO DE RIBADEO E AO PUNTO DE INFORMACIÓN DESE AREAL.
Ribadeo, 6 de agosto de 2012. A praia das Catedrais está a rexistrar unha media de 1.000 visitas ao día nestas primeiras xornadas do mes de agosto, segundo os datos que daba a coñecer esta mañá a concelleira de Turismo, Ana Martínez.
A edil nacionalista fixo unha valoración positiva do número de visitantes e turistas que se achegaron a Ribadeo tanto no mes de xullo como dos primeiros días de agosto. Ana Martínez subliñou que “Ribadeo e a praia das Catedrais seguen a ser unha referente na Mariña, de feito a media de persoas que acuden a este areal por día ronda as 1.000. Comparando os datos cos do ano pasado vemos que a cifra de visitantes segue a subir, precisamente neste momento de crise no que todos os indicadores están á baixa no noso caso non é así, cada vez son máis as persoas que nos visitan e máis diversas as súas procedencias”. Durante o pasado mes de xullo 8.000 persoas se achegaron á oficina de turismo de Ribadeo e máis de 10.000 ao punto de información turística das Catedrais, “neste último caso empezamos a contabilizar á xente o 9 de xullo, que foi cando comezamos a traballar no punto alí instalado”.
A concelleira de Turismo sinalou que “nestes primeiros días de agosto foron máis de 1.000 as persoas que pasaron pola oficina de turismo de Ribadeo, a nivel hoteleiro estáse a rexistrar unha ocupación media do 80%, aínda que hai casos que chegan ao 100%. Hai un descenso no consumo dos viaxeiros, xa que se gasta menos que outros anos. Agardamos que ese pequeno aumento no número de visitantes que se está a producir en Ribadeo complemente un pouco a diminución do consumo”.
Ana Martínez engadiu que “nós o que buscamos é que ese viaxeiro se encontré ben aquí, que faga de Ribadeo un lugar de regreso e que trasmita esas belezas do noso territorio para que outras persoas sigan a vir a disfrutar deste patrimonio, que é de todos”.
A edil de Turismo lembrou que “hai tres días presentamos unha guía turística de Ribadeo que está a ter moi boa acollida tanto entre os visitantes coma entre os ribadenses. Con ela esperamos chegar a todos os rincóns e levar o nome de Ribadeo cara todos os sitios, mesmo cara o extranxeiro porque está feita en catro idiomas buscando a atracción dese turista, non só próximo senón que poida vir doutros lugares nos que xa se nos coñece pola praia de As Catedrais. Buscamos que ese turista disfrute e conviva con nós”.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



