A Xunta desbroza con maquinaria pesada numerosos espazos protexidos do litoral
9 de agosto de 2012. Coa chegada do verán a administración quere poñer o litoral “bonito” para os bañistas. E para iso, Xunta e Costas do Estado non dubidan en pasar a desbrozadora polos espazos costeiros máis valiosos e protexidos arramplando con hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción. Todo para que a costa quede como a campiña inglesa. Dende o Parque Nacional das Ilas Atlánticas, pasando polo LIC de Corrubedo, Costa da Morte, Costa Ártabra… practicamente non queda litoral protexido sen rozar. Curiosamente, estas practicas contradín as recomendacións do Plano Director da Rede Natura, contribúen a degradar a nosa biodiversidade máis fráxil e mesmo favorecen a introdución de especies exóticas e invasoras. Para mostra a lagoa da Frouxeira: 5 figuras de protección ambiental non impediron que a Xunta pasara as máquinas sobre hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción. A Xunta xustifica estas prácticas (perpetradas sen informe técnico algún) por razón de “seguridade e salubridade” e di descoñecer a existencia dos hábitats e especies afectadas, malia a figuraren nos seus catálogos.
ADEGA leva anos denunciando desbroces reiterados de hábitats de interese comunitario e especies catalogadas en espazos protexidos. O último, no LIC Costa Ártabra, na área da Lagoa de A Frouxeira (Concello de Valdoviño). Esta lagoa, alén de facer parte da RN2000 (zona LIC e ZEPA), posúe outras 3 figuras de protección: Humidal de Importancia internacional – Ramsar, Humidal Protexido e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.
DesbrocesCorrubedoNeste espazo, ao igual que noutros moitos da costa, as rozas mecánicas afectaron de forma significativa e moi negativamente á composición, estrutura e funcionamento dos hábitats, tanto de interese europeo como prioritarios (Lei 42/2007 e Directiva 92/43/CEE).
Como resposta ás nosas denuncias, a Consellaría de Medio Ambiente informa da non existenza de hábitats de interese comunitario nas áreas rozadas. Tal afirmación resulta totalmente falsa. E a falsidade ponse en evidencia contrastando cos datos oficiais da propia Xunta de Galiza. Así no servidor cartográfico de información ambiental (SITEB) aparecen cartografados nas áreas obxecto da denuncia distintos tipos de hábitats: 2130* Dunas costeiras fixas (prioritario) e outros de augas permanentes e medios higrófilos sobre os que as rozas realizáronse de forma reiterada (códigos 1150* -prioritario-, 1330 e 3130).
No seu escrito, a Consellería indica tamén a inexistencia de especies protexidas. Esta afirmación é de novo falsa: Así no Atlas e Libro Vermello da Flora Vascular de España inclúese unha información básica sobre unha especie endémica do NW Ibérico, Antirrhinun majus subsp linkanum, e recollida no Catálogo de Especies Ameazadas de Galiza (Decreto 88/2007) na categoría de “En perigo de extinción”.
No Libro Vermello indícase que Antirrhinun majus subsp linkanum só vive en sistemas dunares e acantilados vexetados, sendo as principais poboacións as da Frouxeira (Concello de Valdoviño) e Ponzos-Santa Camba (Ferrol). A área de distribución inclúe a zona afectada polas rozas e obxecto da denuncia de ADEGA, que tamén coincide coa recollida no SITEB da Xunta de Galiza. Indica tamén que a principal ameaza para as poboacións desta planta rara son os labores de artificialización (rozas, curtas, plantacións, etc.), efectuadas nas áreas dunares e acantilados próximas ás praias: Xusto o que a Xunta e Costas veñen de facer.
Neste mesmo senso, o Plano Director da Rede Natura 2000 en proceso de aprobación, contempla como actividades contrarias ao mantemento dun estado de conservación favorábel dos hábitats dunares as rozas mecánicas, indicando os seus efectos negativos sobre a conservación das especies de flora protexida.
Na súa demencial resposta, a Consellería de Medio Ambiente evidencia, alén de ignorancia e desleixo sobre o patrimonio polo que debe velar, un total descoñecemento da normativa de protección do patrimonio natural e da biodiversidade. Alude a razóns de “seguridade e salubridade” non demostradas, pero de existiren non serían unha xustificación para saltarse as medidas de protección legal que teñen determinados compoñentes da biodiversidade (hábitats prioritarios, especies protexidas) dentro dun espazo natural. A Xunta tería que xustificar con razóns imperiosas de interese público de primeira orde para actuar sobre os hábitats e especies prioritarias consonte á Lei 42/2007, á Directiva 92/43/CEE, e ao Decreto 88/2007). Debería tere seguido os procedementos establecidos nestas normas e non intervir con actuacións descontroladas e sen xustificación técnico-científica algunha. Máis unha vez, as administracións que deben velar pola conservación do noso patrimonio, en especal do máis ameazado, son as primeiras en degradalo e vulnerar as leis.
ADEGA poñerá estes feitos en coñecento fdos organismos europeos e internacionais competentes (Comisión Eurpoea, Parlamento e Secretariado de RAMSAR), habida conta da manifesta incompetencia, ignorancia e desleixo da Xunta e Ministerio na xestión dos nosos espazos protexidos.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



