TEN ALGUNHA VENTAXA A CRISE?
Que pode ter de bo unha crise que mantén no paro a cinco millóns de cidadáns, acovardados aos que continúan empregados (cada vez máis subempleados) e coa auga ao pescozo a moitos autónomos e empresarios honrados? Pouco, a verdade. Salvo para os especuladores con “cash” e os gurús da autoaxuda versión patria que fixeron dela o seu modo de vida.
A crise como oportunidade é unha aposta a moi longo prazo nas actuais circunstancias, cando no horizonte só se atisba un abismo no que continuar caendo moi a miudo.
Pero, aínda así, ten as súas vantaxes. Poucas, pero as ten. E unha das máis rechamantes é o interese que tomaron as compañías polo cliente. En tempos de bonanza, o cliente foi para a maioría das empresas, torpes empresas, simple carne de canón. A día de hoxe, os servizos de atención ao cliente son un elemento crave na xestión da empresa. Porque perder clientes é un risco que non se pode correr cando a taxa de reposición é tan perigosamente baixa.
Obviamente, as redes sociais e a exposición ante a opinión pública que sofren as empresas por este motivo teñen unha importancia fundamental na nova percepción do cliente. Pero, a pesar da gran evolución do mundo 2.0, o consumidor medio non é aínda o ser cibernético ao que sen dúbida evolucionará.
Pero xa sexa na súa versión 2.0 como na súa versión tradicional, o consumidor sae gañando destas difíciles circunstancias. Non só porque as marxes descenden da abusiva estratosfera e os prezos finais redúcense, senón tamén porque os dependentes e o resto dos actores de primeira fila no sector servizos están aprendendo a nobre arte de servir ao cliente.
Cantos dos problemas anteriormente irresolubles con determinadas compañías, sobre todo as que proveñen de anteriores situacións de monopolio, atopan agora unha resposta adecuada alén do servizo de atención ao cliente?
Eu teño unha auténtica colección de anécdotas propias e alleas. Pero amigo lector fai un esforzo busca en “google” o nome de un negocio da bisbarra e mira as opinions que de el deixaron os que ali comerón ou durmiron, ademais de unha información e tamen un toque de atención para o empresario dono do negocio.
Otero Regal




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



