ACTO DE PRECAMPAÑA: Os candidatos do PP escoitan a opinión dos profesionais do mar, Patróns maiores e Armadores e representantes da Federación Provincial de Cofrarías
Quintana, Arias e Balseiro reúnense cos principais axentes do sector pesqueiro da Mariña
. Os populares trasladaron aos asistentes as políticas levadas a cabo na lexislatura no tocante a este sector
. Deron conta das iniciativas para acadar unha Política Pesqueira Común favorable aos intereses de Galicia e un proxecto de apoio aos pósitos
Viveiro, 28 de setembro de 2012.- A número dous dos populares pola Coruña, Rosa Quintana, a cabeza de lista dos populares lucenses, Raquel Arias e o Coordinador da Campaña electoral en Lugo e número 3 da lista ás Eleccións Autonómicas, José Manuel Balseiro, mantiveron hoxe unha xuntanza cos profesionais do mar: Patróns maiores e Armadores e Representantes da Federación Provincial de Cofrarías.
O obxectivo desta xuntanza foi trasladarlle a este sector, tan importante na costa lucense, as políticas levadas a cabo nesta lexislatura con respecto a esta temática.
Salientaron os populares o investimento do Goberno de Núñez Feijóo na mellora dos servizos chamados a garantir a vida e integridade física dos profesionais do mar. Falaron tamén do helicóptero Pesca 2 que recibiu 15 millóns de euros ao obxecto de dobrar a súa tripulación de voo, e garantir deste xeito a súa plena operatividade as 24 horas do día e os 365 días do ano, coas correspondentes melloras na súa base loxística situada en Celeiro.
Ademáis os populares deron conta das iniciativas para acadar unha Política Pesqueira Común favorable aos intereses de Galicia e un proxecto de apoio aos pósitos
Concluíron os populares anunciando que nas vindeiras datas o partido manterá un almorzo de traballo no que estarán convidados tódolos representantes do sector pesqueiro.



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



