Visitou ao comité de Alcoa, a Cooperativa os Irmandiños, e mantivo un xantar en Burela
PACHI VÁZQUEZ ESÍXELLE A FEIJÓO QUE “NON MAIS MENTIRAS, NON MAIS ENGANOS” CON ALCOA “COMO FIXO COS CONTRATOS DE PEMEX E A FUSIÓN DAS CAIXAS”
O candidato socialista esíxelle ao candidato do PP “que abandone o engano masivo” e reclama “unha tarifa adecuada que faga competitiva Alcoa para os próximos anos”
Ribadeo-San Cibrao-Burela (Lugo), 29 de setembro de 2012. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, dirixiuse hoxe a Feijóo para esixirlle “non mais mentiras, non mais enganos” con Alcoa “como fixo cos contratos de Pemex e coa fusión das caixas”. Así o dixo logo dun encontro co comité de empresa da factoría de San Cibrao no que subliñou que “vimos a poñernos de lado dos traballadores e da empresa que é o corazón económico da Mariña”.
Vázquez esixiulle ao candidato do PP “que non engane mais, que non faga o que fixo con Pemex, que engano masivamente a toda Galicia dicindo que habería uns contratos que agora sabemos que non existen”. Aludiu ás declaracións do director xeral de Pemex, Juan José Suárez Coppel, e acusou a Feijóo de “xogar co futuro dos parados do sector naval”.
Reclamoulle tamén que “non volva facer un engano masivo como fixo coa auditoría da fusión das caixas, da que agora se sabe que era todo mentira” mentres Feijóo “xogaba cos aforros de tódalas galegas e galegos”. Aludiu así ás declaracións do Banco de España abocando a entidade á subhasta e aos datos coñecidos onte polos que NGB necesitará dunha nova recapitalización de 7.100 millóns de euros.
Solucións puntuais
Esixiu así “que non volva enganar á xente nin a Alcoa” porque, dixo, “non valen solucións puntuais para que pasen as eleccións e despois teñamos que ves a crúa realidade”. Reclamou unha “proposta para un horizonte de anos que consolide unha tarifa eléctrica que faga competitiva Alcoa e permita seguir crecendo economicamente”.
Pachi Vázquez reclamou apoio institucional para unha empresa que constitúe “o corazón económico da Mariña e o principal motor económico da provincia de Lugo”. Comprometeuse a “apuntalar o corazón económico e esixirlle aos gobernos central e autonómico unha aposta real pola economía produtiva e unha tarifa adecuada para Alcoa para os próximos anos”.
Visita a Os Irmandiños
A xornada de hoxe remata coa intervención de Pachi Vázquez na Festa Socialista do Bonito de Burela, e comezou cunha xuntanza con membros da cooperativa Os Irmandiños.Ali visitou as instalacións e mantivo un encontro cos cooperativistas. Neste encontro, Pachi Vázquez apoiou o centro de recría, que está a ser financiado en solitario pola Deputación de Lugo, logo de que o goberno galego renunciara a apoiar esta iniciativa.
Vázquez salientou o traballo dos integrantes das cooperativas e granxas “non só para a súa actividade concreta, senón tamén como protectores do terreo e do medio ambiente na zona rural”. Preguntouse “cómo é posible que a nosa Comunidade, que é a maior produtora de leite en España, teña os prezos mais baixos”. E insistiu “hai que pararlle os pés aos especuladores”.
Festa do Bonito en Burela
En Burela, na Festa dos socialistas e ante 200 militantes e simpatizantes, Vázquez dixo que “cando a xente non vota gaña a dereita, pero cando a xente vota gaña a esquerda”. Afirmou que Feijoo “xogou coa xente que está no naval e que está no paro”. Por iso demandou “que non engane mais a este pais e aos galegos, non pode ser Presidente alguén que engana á xente”, insistiu.
Explicou tamén que unha das propostas do PSdeG pasa por reducir gasto na administración e destinalo a crear emprego e dar apoio a economía productiva de Galicia porque “non hai cartos para paseos ou farolas”. “Hai que crear emprego”, resumiu.
E afirmou que si o PSdeG–PSOE goberna a Xunta de Galicia o vindeiro 22 de outubro “os pensionistas non van a pagar os medicamentos”, e propuxo un imposto á banca para recadar 52 millóns de euros, como xa ten Estremadura ou Andalucía. Dixo que Feijóo e Rajoy levan a España “camiño de Grecia e Portugal”, por iso demandou “apretar ás grandes rendas e aos grandes capitais”, como en Francia.
Pachi Vázquez estivo acompañado nesta xornada de traballo na mariña de Lugo polo Presidente da Deputación de Lugo, José Ramon Gomez Besteiro, e os membros da candidatura socialista da provincia Concepción Burgo, Juan Carlos González Santin, Jose Ramon Val, Ismael Rego ademais doutros cargos políticos.




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



