Mitin manduca
Vostede nunca participou nunha desas excursión de todo a cen para ir a ver algún santo e de paso visitar unha catedral?. Si, desas viaxes as que vas porque son baratas e o prezo é con todo incluído e a viaxe é en gran turismo de luxo, con aire acondicionado e conexión a internet. Decatase?
Non?. Xa non se acorda cando foi de viaxe a ver o santuario aquel e comer a mariscada incluída na oferta do todo a cen? O día aquel no que ao final ata veu unha milagre cando apareceu na casa cun colchón de viscolatex, cunha almofada ergonómica, cunhas potas de baixo consumo que cociñan sen auga e sen aceite e cunha papeleira de deseño. Pois iso.
Agora teno máis doado. Apúntese para aos mitins manduca do PP. Esixa que o conviden, non permita que o marxinen. É o último en marketing electoral; lévante a comer e entre tanto explican algo como o dos colchóns e o das potas, pero do seu rollo. É moito máis doado, chegar, sentase, comer e irse. Entre tanto, se está pola labor, pode escoitar media ducia de estupideces, acordes con tales. Mais ten a opción de abstraerse e centrarse na manduca, que é do que se trata.
Si ao remate o molestan pretendendo colocarlle media ducia de intencións de voto, non se preocupe, vostede é educado e intelixente e saberá que facer. Non ten que aguantalos como o colchón, a almofada e as potas que lle custaron un ril. E ten unha papeleira de deseño.
Segundo S.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



