O Concello destinará 3.000 euros ás axudas ao transporte para cervenses que estudaron fóra do municipio
-A subvención está dirixida a contribuír a sufragar os gastos de desprazamento do curso 2011-2012
Cervo, 10 de outubro de 2012-A Delegación de Educación do Concello de Cervo volve poñer en marcha un ano máis as subvencións para os gastos de transporte daqueles alumnos que cursaran estudos en centros públicos estatais fóra do municipio no período 2011-2012, sempre que sexan ensinanzas que non se imparten nos centros cervenses. En total, o Concello disporá dun orzamento de 3.000 euros, sufragados con fondos municipais, destinados integramente a estas axudas. Dese importe dedicaranse un máximo de 150 euros por alumno, sempre que cumpran os requisitos esixidos.
Polo momento, as bases das axudas xa foron aprobadas e o anuncio da convocatoria foi remitido ao Boletín Oficial da Provincia, onde se fará público previsiblemente a próxima semana. Será a partir da súa publicación no BOP cando se abrirá o prazo para remitir as solicitudes, que en todo caso se pechará o 31 de outubro. Aínda así, cabe destacar que a delegación de Educación informará no seu momento da apertura do prazo.
En canto aos detalles da convocatoria, pode optar á subvención o alumnado que cursara formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ou ensinanzas deportivas, todas elas tanto de grao medio como superior así como estudos universitarios, Bacharelato, ensinanzas artísticas superiores e estudos musicais impartidos en conservatorios e escolas de música.
En canto aos requisitos que deben cumprir os solicitantes contémplase que toda a unidade familiar estea empadroada no Concello de Cervo cunha antigüidade mínima dun ano dende a publicación do anuncio da convocatoria no BOP e que todos os membros convivan no mesmo domicilio. Ademais, tamén se establecen requisitos máximos de ingresos, requisitos académicos de ter cursado algún dos estudos xa mencionados e terse presentado a, polo menos, a metade das materias correspondentes, así como a esixencia de non ter débedas coa Administración.
A documentación que se debe achegar coa solicitude é a fotocopia do DNI de tódolos membros da unidade familiar maiores de idade; fotocopia do libro de familia; autorización, de todos os membros computables, para obter das distintas administracións públicas a información necesaria; copia cotexada do boletín de cualificacións ou certificación expedida polo centro educativo de terse presentado, cando menos, ao 50% das materias correspondentes á matrícula no curso 2011-2012; e nos casos de discapacidade ou dependencia dalgún dos membros da unidade familiar computables, certificado emitido polo organismo oficial correspondente.
A edil de Educación, Pilar Armada, explica que “vimos mantendo nos últimos anos esta liña de axudas e, aínda que se puxo en marcha en épocas de bonanza, temos que seguir facendo esforzos para darlle continuidade a estas achegas, que poden resultar básicas para moitas familias”. Armada lembra que o Concello segue concedendo tamén outras subvencións relacionadas coa educación, como as axudas á adquisición de libros e material escolar ou ás ANPAS.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



