O CONCELLO PON EN MARCHA A CAMPAÑA “EN GALEGO ENTÉNDOTE, NON CAMBIES”
O Concello de Xove fomenta o deporte en galego
O Concello de Xove está a desenvolver unha campaña publicitaria, subvencionada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para reforzar o idioma galego a través do deporte.
Este proxecto ten dúas accións:
-Asesoramento ás entidades deportivas para a normalización e normativización da súa documentación, para que o galego sexa a súa lingua de comunicación. Esta acción desenvolveuse coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade da Mariña.
-Campaña gráfica, deseñáronse e colocáronse 5 valos publicitarios de gran formato, empregando a imaxe de dez persoas do pobo vinculadas ao mundo do deporte, nas que se inclúe a pé de foto unha frase que describe a súa relación co idioma galego e un slogan común aos 5: EN GALEGO ENTÉNDOTE, NON CAMBIES. O obxectivo que se persegue con esta acción é incrementar o uso do galego, sobre todo incidindo nunha situación que se está a incrementar, a saber: o cambio de idioma de rapaces e rapazas (e doutras idades) galegofalantes cando a persoa interlocutora emprega o castelán e entende o galego.
Estes valos foron colocados nos espazos onde se practican os deportes que reflicten: campo de fútbol (no exterior), pavillón municipal (no interior) e piscina municipal (no interior). As persoas que cederon a súa imaxe foron elixidas pola súa vinculación co deporte e polo seu liderado:
-Cristian Rodríguez. Campión galego de bolo celta, categoría xuvenil. Ano 2010.
-Luís Fernández. Ex-xogador da U.D. Xove Lago
-Quelle e Dani López. Xogadores do Xove Fútbol Sala
-Mirta Escuredo. Nadadora do Clube de Natación de Xove. Subcampiona de España Absoluta 100 Braza. Ano 1998
-Pilar Vázquez, Noela Bouza, Javiera Duarte, Alba Balseiro e Lucía Fernández. Conxunto cadete de Ximnasia Rítmica Xove. Subcampionas galegas deporte escolar. Ano 2012
Traballo conxunto:
Estas dúas accións realizáronse conxuntamente coas entidades deportivas do municipio que se interesaron en participar: ACD Xove, Escola de ximnasia rítmica, Fútbol sala Xove, U.D. Xove-Lago, Clube de bolos e Escola de natación.
As responsables municipais da campaña son Cristina Iglesias (concelleira de turismo e deporte) e Rosa Lage (axente de emprego e desenvolvemento local).
Carácter innovador:
Trátase dunha campaña innovadora, xa que emprega a imaxe de persoas coñecidas veciñas dun pobo de menos de 3.600 habitantes, que serve como reclamo importante de atención.
Pretende incidir nunha situación concreta: o cambio de idioma de rapaces e rapazas (e doutras idades) galegofalantes cando a persoa interlocutora emprega o castelán e entende o galego, pensamos que tamén isto ten un carácter innovador.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
