DON JORGITO POLA MARIÑA
George Borrow, coñecído por “Don Jorgito, el inglés”: escritor, políglota, tradutor, aventureiro que vendía biblias protestantes polos camiños do mundo, foi un personaxe peculiar. Autor do libro “A Biblia en España” acadou un impresionante éxito. Nel relata as experiencias viaxeiras pola España de 1837. Borrow entrou en Galicia no verán dese ano atravesando os montes do Bierzo. Cruzando polo Cebreiro, na súa viaxe percorre o norte de Galicia que abandonou por Ribadeo, rumbo a Asturias. O viaxeiro coñeceu os camiños dunha Galicia atrasada e incomunicada, de millón e medio de habitantes, na que teimou en levar a Biblia ata os fins da terra. Don Jorgito atopou a Lugo pequeno, cuns seis mil habitantes. A súa estadía durou unha semana e logo colleu rumbo á Coruña, nunha dilixencia con escolta de soldados, aínda que todos tiñan pinta de bandoleiros. Foi a Betanzos, Compostela, Padrón, Pontevedra, a Ferrol… a Viveiro, a Foz e Ribadeo…Don Jorgito describe os costumes, o temperamento, a cultura, política e relixión das nosas xentes e os moitos prexuízos que tiñan. Gabou a paisaxe e chegou a dicir que, aínda sendo moita a miseria, non era culpa da terra, senón dos homes.
Conta nun artigo Victoria Armesto que na época de don Jorgito un tal señor García, notario en Pontevedra, estaba convencido de que esta era a mellor cidade de España. Jorge Borrow coñecíao e foi ó seu despacho a venderlle unha Biblia. O notario díxolle: “eses tipos de Vigo andan dicindo que a súa cidade é mellor que a nosa e que Vigo debería ser a capital da provincia. ¿Pasaríalle polo maxín a vostede comparar Vigo con Pontevedra?”. – “Eu non lle podo contestar porque nunca estiven en Vigo, pero oín dicir ca súa bahía era a mellor do mundo”, respostou don Jorgito
— “De acordo, meu señor- asentiu enfadado o Sr. García- pero, ¿quere dicirme para que se necesita unha bahía?”. Comentou don Jorgito que endexamais coñecera un país de tan feros localismos. Hai cousas que nada cambiaron dende que hai xustamente 175 anos pasara pola nosa bisbarra o insigne aventureiro inglés.
Suso Fernández

















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



