Un grupo de 51 camiñantes do Grupo de Sendeirismo da ACD.Xove visitaron Las Médulas en León, onde camiñaron por recunchos entre impresionantes picos de “barro” e castiñeiros centenarios cheos de ourizos. E para finalizar a xornada, unha visita exterior do Castelo de Cornatel e a Villafranca del Bierzo.
