O PP solicita unha Xunta Xeral Extraordinaria de SUPLUSA para a readmisión de dous traballadores
. Elena Candia lembra que a sentenza declara o despido improcedente avalando, deste xeito, a petición dos traballadores e os argumentos dados polo Partido Popular fai un ano
. O Señor Besteiro cando se lle pregunta por este tema fai caso omiso, proba delo víuse onte na sesión plenaria, que escudou a resposta derivándose nos órganos de SUPLUSA
Lugo, 31 de outubro de 2012.- A Voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, informou esta mañá, en rolda de prensa, que o Grupo Provincial Popular, coa sinatura de tódolos seus Deputados provinciais, ven de rexistrar unha convocatoria dunha Xunta Xeral Extraordinaria de Suplusa para solicitar a readmisión de dous traballadores que foron despedidos por este organismo fai máis dun ano e a desestimación da acción no recurso de súplica.
A Voceira dos populares na Deputación de Lugo manfiestou que agarda contar co apoio do BNG, quen en outubro do 2011, cando o GPP levou a pleno unha moción pedindo a readmisión destes traballadores xa a apoiou e tendo en conta, que consta, que o sindicato CIGA está asesorando e axudando a ámbolos traballadores todo apunta a que as expectativas serán boas.
Candia criticou a incoherencia e desfachatez da actitude do Señor Besteiro e dos seus compañeiros, quenes alardean da defensa dos dereitos dos traballadores e logo cando lles toca aplicalos dan exemplo cero.
Lembra a popular que existe unha setenza que avala a petición dos traballadores e os argumentos dados polo partido popular xa fai un ano pero o Señor Besteiro cando se lle pregunta por este tema fai caso omiso, proba delo víuse onte na sesión plenaria.
“Preguntamos na sesión plenaria de onte, ao Sr. Besteiro (lembrando que na súa persoa conflúen os dous cargos: Presidente da Deputación Provincial de Lugo e Presidente de SUPLUSA), se ten previsto instar a este Organismo, a que unha vez que foi analizado por un tribunal e hai sentencia, que da a razón os traballadores, ainda que non é firme, opte por readmitir e desestime na continuidade do litigio”- manifestou Candia quen afirmou que o Señor Besteiro non se posicionou, lembrou a falta de firmeza da resolución xudicial e escudouse derivándose nos órganos de SUPLUSA.
Elena Candia afirma que cos postos de traballo no se xoga e manifesta que optar pola indemnización non deixa de ser un malgasto de diñeiro público, dado que estes postos de traballo son necesarios, o despido é improcedente e estase a gastar cartos de tódolos lucenses, polo que todo apunta a que esta situación débese a un capricho do Señor Gómez Besteiro.
ANTECEDENTES
Elena Candia lembrou que ámbolos dous traballadores viñan prestando servizos a SUPLUSA dende o ano 2006, cunha categoría profesional de xardiñeiros, e é a partires de abril do 2009 cando detectan irregularidades no seu salario, que reclaman por vía xudicial, tendo, no 2010, unha sentenza favorable.
Manifestou Candia que despois de facerse pública esta sentenza, o Organismo dependente da Deputación lucense, despedíu a estes dous traballadores, enviando o comunicado de despido o mesmo día da notificación da sentenza.
Asegura Candia que, a continuación, os traballadores defenderon a súa profesionalidade no cargo e afirmaron que estas manifestacións eran falaces e o despido, improcedente. En agosto do 2011 presentaron a demanda de despido, solicitando nulidade ou subsidiaria improcedencia do despedimento. En outubro de 2011, o Partido Popular presentou unha moción para a readmisión dos dous traballadores, contando co voto a favor dos nacionalistas.


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



