O Grupo Municipal do PSdG PSOE de Foz desexa manifestar públicamente os seus parabéns ao exalcalde de Foz, Jose Mª García Rivera, e aos membros do seu Equipo de Goberno naquel momento, en relación á recente Sentenza xudicial que desestima o Recurso Contencioso Administrativo interposto pola Xunta de Galicia no ano 2006, e que posibilita a legalización dunhas dúas mil vivendas na localidade, resolución que ven a confirmar tanto a súa valentía ao poñer por encima de todo os intereses do seu pobo e dos seus veciños, como a súa impecable xestión acorde coa legalidade.
Noutro orden de temas, o noso Grupo Municipal, quere mostrar o seu malestar polas recentes declaracións do Alcalde de Foz, o Sr. Jorge Castiñeira, en relación ao suposto despilfarro dos ingresos que o Concello obtivo pola concesión de licencias urbanísticas durante anteriores lexislaturas, sinalando que se foi malgastando o diñeiro en “pequenas obras, estradas, etc.”; cando en realidade todo canto temos hoxe en día en Foz llo debemos á xestión do Sr. Rivera e do seu equipo de Goberno, que fixeron posible a construcción da piscina municipal, a Escola Infantil, os pabellóns de Cangas, de Nois e do IES de Foz, dous campos de fútbol municipais (en Cangas e en Foz), a construcción e a remodelación dos centros sociais das parroquias, o parque infantil de tráfico, a Casa da Xuventude, o Centro Social de Foz, o acceso dende Vilaxoane á gardería de Foz, o acondicionamento da Avda. da Mariña para que non continuase inundándose, a reparación dos Colexios públicos ante a pasividade da Xunta de Galicia, a construcción da nova traída de auga municipal así coma o alcantarillado en tódalas parroquias do Concello, etc., e poderíamos seguir enumerando pero estaríamos así ata mañá.
Asimesmo, quixeramos lembrarlle ao Sr. Castiñeira que gracias á xestión do actual Grupo Municipal Socialista se incluiu nos Presupostos do Concello para este ano unha partida para levar a cabo un Plan de Emprego Municipal, froito do cal neste momento se atopan traballando 24 persoas no Concello, e recordarlle tamén ao Sr. Alcalde que o seu equipo de goberno estivo sempre en contra desta medida.
En canto ao Plan de Axuste que o Equipo de Goberno pretendía aprobar, lembrarlle tamén ao Sr. Castiñeira que este Grupo o rechazou por conlevar unha gravosa suba de impostos para os vecinos, ademáis de supoñer unha total e absoluta ruina para o noso Concello durante moitos anos, debido aos intereses que se terían que abonar.
Polo que respecta á actualización da Taxa de abastecemento domiciliario de auga, o Grupo Municipal Socialista quere deixar claro que non nos parece que o procedemento axeitado sexa modificar a Ordenanza municipal que regula este imposto con anterioridade á aprobación da propia actualización da taxa, tal e como se pretendeu levar a cabo no Pleno celebrado o pasado xoves. Neste senso fomos xa contundentes na Comisión Informativa de Contas que tivo lugar o día 22 de novembro, na que se acordou convocar unha reunión entre os portavoces dos grupos políticos e os técnicos da empresa concesionaria Gestagua que posibilite contrastar os datos aportados pola mesma en relación á débeda que o Concello ten con dita empresa a día de hoxe, así como concretar os parámetros da fórmula de actualización das tarifas que figura no contrato, como ben sabe o Sr. Alcalde, quen coñece tamén perfectamente cal é o motivo polo que na actualidade o Concello adebeda a Gestagua uns catrocentos mil euros, e a razón pola cal debemos afrontar unha suba da taxa de abastecemento de auga de máis dun 26%, que non é outra que a votación en contra do grupo municipal do Partido Popular nos Plenos nos que se tratou este asunto na anterior lexislatura, o que impediu que as tarifas se actualizaran dende o ano 2008.
Aproveitamos a ocasión para pronunciarnos tamén en relación ao tema da EDAR que se pretende poñer en marcha no noso Concello, co fin de deixar claro que se hoxe en día non existe en Foz unha depuradora que funcione correctamente é porque o Partido Popular bloqueou a iniciativa do anterior Goberno de instalar a mesma no barrio de Forxán. Por tanto, queremos dende aquí rogarlle ao Sr. Alcalde que deixe de facer demagoxia coa urxencia deste asunto, pois o seu propio partido é o responsable de que na actualidade non teñamos no noso Concello unha EDAR axeitada ás necesidades do mesmo.


















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



