A ASOCIACIÓN CULTURAL “OS MATOS” ORGANIZA UNHA CONFERENCIA SOBRE O TEATRO NA MARIÑA
O relator será Francisco Piñeiro, ensaísta, dramaturgo e director de grupos teatrais en Cervo e Foz
Cada ano a Asociación Cultural “Os Matos” realiza diversas actividades de divulgación das diferentes artes tanto literarias como escénicas ou musicais. Baixo a súa organización, estiveron na Mariña escritores como Xosé Neira Vilas, músicos como Mini e Mero ou ensaístas das máis diversas especialidades.
Na presente ocasión, o convidado é unha persoa “da casa”. Trátase do profesor Francisco Piñeiro -docente no Instituto Monte Castelo-, que comparecerá en calidade de ensaísta, dramaturgo e director de grupos teatrais afeccionados. O evento celebrarase ás 10 da mañá do próximo luns, día 17 de decembro, na biblioteca do Instituto Perdouro, e estará dirixido a alumnado dos dous cursos de Bacharelato.
Con esta actividade, a asociación organizadora pretende mostrar a evolución da arte teatral desde a Escola Rexional de Declamación (1903) até chegar á profesionalización do sector (con Manuel Lourenzo e o grupo de Ribadavia). Para iso convidou o profesor Francisco Piñeiro González, que é autor da recentemente publicada Historia do teatro afeccionado na Mariña Lucense (obra editada polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo) e que ten elaborado un traballo pedagóxico apoiado en numerosas imaxes e música co que transmite tamén unha panorámica das representacións dramáticas no ámbito territorial da Mariña.
Escritor de recoñecido prestixio en todos os xéneros literarios (Premio Lourenzo Varela, de xornalismo; Daniel Cortezón, de teatro; e Manuel Orestes Rodríguez, de narrativa e poesía), Francisco Piñeiro combina a docencia de Bioloxía e Matemáticas coa escritura e a dirección dos grupos teatrais “O Bordelo”, de Cervo; “A Adala”, de Fazouro; e “O Batán”, de Cangas.
O desenvolvemento do acto será conducido polo profesor Antón Niñe, presidente da Asociación Cultural “Os Matos”, quen se ocupara da presentación do convidado así como da moderación do posterior coloquio.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



