UN PERDON
Un perdón é un alivio, un peso que nos quitamos de enriba, un final feliz aínda nos peores pesadelos. Non vale a pena acumular resquemores. Nunca podes xustificar ese suicidio diario que é o rancor. Dá o mesmo o que suceda se a partir deste momento es capaz de empezar desde cero desterrando para sempre todo o teu pesadume. Estar en paz é saber que podes morrer en calquera momento sen deixar pendente ningún afecto. Nunca sabes se terás un mañá para pedir desculpas ou para reconducir unha situación gangrenada polo resquemor. E dá o mesmo que a outra parte non queira dar o brazo a torcer. Non se trata de elixir vencedores. Nunha guerra todos perden e todos son igual de culpables. Pero abonda con que un dos dous teña claro o que non quere para que aos poucos todo se vaia reconducindo. Santiago Rusiñol dicía que a vida era como unha escaleira de galiñeiro, curta e chea de merda. Subscribo o primeiro; pero eu prefiro quedarme coas palabras que José Agustín Goytisolo dedicou á súa filla nun poema: ¿A vida é bela, xa verás/ como pese a quen pese/ terás amigos, terás amor?. E nese mesmo poema tamén escribía que nunca podes volver atrás porque a vida xa che empuxa como un aullido interminable. E o rancor, o odio ou a rabia quedan sempre atrás, e se te aferras a eles permanecerás cada vez máis lonxe de ti mesmo.
Tamén é certo que as cousas que se perden só aparecen cando un deixa de buscalas. Podes mirar cen veces no mesmo caixón ou revolver todos os petos sen dar co que buscas. Ata hai cousas que xamais aparecen, o mesmo que hai persoas que se perden para sempre ou paisaxes irrepetibles. Existen regras da casualidade que un non pode chegar a controlar nunca. Outro día miras no mesmo caixón e aparéceche ese bolígrafo ou ese reloxo que buscabas por todas partes. E o mellor é que asumas ese achado coa mesmo medio sorriso co que ás veces nos asomamos á vida cando nos regala situacións semellantes. Nestes momentos andamos buscando saídas que non atopamos, neste labirinto de titulares catastrofistas. Dá o mesmo. Nós temos que seguir respirando e que seguir vivindo. Se non nos traizoamos e confiamos na honestidade, na constancia e no amor esas saídas acabaran aparecendo, ou aos poucos iremos cambiando o mundo sen grandes convulsións, un a un, como se consolidan as revolucións que realmente valen a pena. Non digo que pasemos de longo ante as inxustizas e os abusos; pero iso forma parte do día a día desde que nos contaron o de Caín con Abel. O que nos salvará é vivir sen desaproveitar un segundo da nosa existencia. Só así poderemos atopar algo que mereza a pena cando menos o esperemos. Tempo ao tempo.
Alfonso Otero Regal



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



