O actual- e inaturábel- nivel de corrupción da actividade política no Estado ten a súa causa sobranceira na colonización das institucións desenvolvida os últimos 30 anos pola cada vez máis ampla burocracia do bipartidismo PP-PSOE.Unha burocracia que medra para, porén, depender cada vez máis dun pequeno grupo dirixente, que decide as candidaturas electorais e os postos institucionais, convertendo a loubanza ao xefe, a adhesión acrítica e o espírito gregario nos principais valores para desenvolver unha carreira política.
Esta colonización institucional bipartidista, así e todo, non explica por si propia o actual nivel de corrupción senón entendemos a súa estreita relación con determinadas elites financeiras e empresariais madrileñas que xiran arredor do BOE, en sentido amplo. É dicir, do mundo das contratacións e concesións. Elites que, no que atinxe a Galicia, amosáronse historicamente belixerantes diante da posibilidade de que as empresas autóctonas puidesen obter unha parte importante das contratacións públicas ou do reparto eólico. Por certo, son as mesmas que din que as autonomías son ruinosas e que as crases medias vivíamos por riba das nosas posibilidades.
España é un dos Estados máis corruptos dentro das democracias occidentais, segundo Transparencia Internacional e o único Estado da Unión Europea sen unha lexislación específica que sancione a falla de transparencia nos Poderes Públicos. Semella, xa que logo, que como moitas veces a solución futura pasará nomeadamente por darmos máis e mellor regulación.
Agora ben, hoxe non é protagonista a corrupción sistémica en xeral, senón a que aferrolla a sede central do PP. Se as revelacións das últimas horas son certas e os dirixentes estatais do PP cobraron sobresoldos en diñeiro “B”até 2009 é evidente que os Presidentes do PP até 2009 tiveron que coñecer ese feito. Tamén Aznar (máximo dirixente até setembro do 2003) e Rajoy, que lidera dende entón. Xa que logo, semella que o futuro do Partido que goberna con maioría absoluta en Madrid e moitas capitais autonómicas pode depender da chantaxe dun presunto delincuente. Porque, se esa caste de comportamentos ilegais existiron no seu tempo, Rajoy tivo que coñecelos.
A ARRINCADEIRA: O PPdeG volta apelar ao galeguismo.
Consciente do deficiente comportamento electoral que tivo nas cidades o pasado outubro, o PP vestiuse en Lugo coas galas do galeguismo cordial de Fraga. Polo de agora non hai síntoma ningún de que sexa algo máis ca unha proclama oca no Partido que bloqueou a aprobación do novo Estatuto, lexislou contra o galego ou renunciou a usar o autogoberno para crear crecemento, emprego e benestar. Mais a política estalles a mudar todos os días, sendo evidente que Madrid/España xa non ofrece marca, prestixio nin prosperidade.
Xoán Antón Pérez-Lema

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



