VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN PRESENTA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA MUSIQUEANDO
Con esta iniciativa a área de Cultura e Turismo pretende fomentar a música popular de corais, bandas e grupos tradicionais e achegala a todos os recunchos da provincia
Lugo, 25 de xaneiro de 2013. Mario Outeiro, portavoz do Bloque Nacionalista Galego na Deputación Provincial e delgado de Cultura e Turismo, presentou, esta mañá, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, o programa ‘Musiqueando pola Provincia de Lugo 2013’, co que a institución tenta promocionar a música popular e a súa creación desde as corais, as bandas e os grupos tradicionais, para o que se disporá dunha partida orzamentaria de 85.000 euros.
‘Musiquieando pola Provincia de Lugo’ pretende achegar a música popular a todos os recunchos lucenses, potenciar a música tradicional que se leva a cabo nas distintas comarcas e incrementar as posibilidades de que teña un oco nas festas patronais dos concellos. Segundo Outeiro, “a boa acollida desta iniciativa durante o ano pasado é un dos motivos que xustifican a súa reedición. Na convocatoria de 2012, corais, bandas e grupos tradicionais ofreceron un total de 160 actuacións en toda a provincia; concretamente 83 na comarca do centro, 44 no sur e 33 na Mariña, sendo as máis demandadas polos concellos, comisións de festas e asociacións, as dos grupos tradicionais, que ofreceron un total de 97 espectáculos”.
O responsábel de Cultura e Turismo insistiu en que “a decisión de manter o programa ‘Musiqueando pola Provincia de Lugo’ nun momento en que a cultura está a ser vítima dos recortes impostos pola crise, débese, tamén, á aposta decidida que sempre fixo a Vicepresidencia da Deputación pola cultura, pola cultura popular e de base que fai que os nosos pobos e as nosas vilas estean vivos e que se manteñan moitas das súas tradicións; entendemos a cultura dende unha perspectiva na que o espectador debe ser o protagonista e non un mero espectador”.
O caché será de 1.000 euros para as bandas e de 500 euros para os grupos de música tradicional e corais; custe que será cofinanciado nun 80 por cento pola área de Cultura e Turismo e nun 20 por cento polas comisións de festas ou as asociacións que as soliciten.
Outeiro anunciou que en poucos días sairán publicadas no Boletín Oficial da Provincia as bases destas axudas que se poderán solicitar ata o vindeiro 30 de abril.






















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



