Eu quixéseme levantar todos os días sendo capaz de ver azuis como os das piscinas californianas que pintaba David Hockney. Pero o que me atopo son os mesmos titulares de prensa que van variando os números segundo o gusto dos especuladores e dos mercachifles. E ademais tes a sensación de que fagas o que fagas coa túa economía, a economía da túa rexión ou a do teu país non conseguirás absolutamente nada porque todo depende dun par de tipos que, sen saber onde queda Viveiro ou A Mariña, avalían en función dos seus intereses. O peor é que aproveitaron para quitarnos (e aínda pretenden seguir quitándonos) o que se tardou séculos en conseguir. Seguiremos inmersos na crise, pero con peores condicións sociais, con menos solidariedade, a pesar de que dende os medios cacarease o contrario, con pésimos servizos sanitarios e, sobre todo, con moita menos igualdade (porque a igualdade susténtase en que todos teñamos, de saída, as mesmas oportunidades a partir dunha educación de calidade libre e gratuíta). E, mentres, Alemaña segue medrando e atopando cada vez máis baratas as cervexas e as hamacas das nosas praias, supoño que porque contaron con gobernantes menos atolondrados e irresponsables. Onte, cando ves imaxes dalgunha intervención no parlamento mentres se debaten os recortes de turno, sacan un plano xeral con case todo o hemiciclo baleiro. Non son eses vividores os que nos van a sacar da lameira. Estáselles deixando facer con ese abandono latino e católico de quen espera á providencia ou a que un milagre inesperado solucione todo.
Tampouco ninguén nos devolverá o que fomos perdendo. Ata Hockney cambiou nos seus últimos cadros o azul californiano polas brumas británicas. Nós, dalgún xeito, tamén estamos pintando a mañá coas cores dunhas cifras que só ofrecen tons cada vez máis sombríos. Prefiro mirar ao ceo ou ao mar para concibir algunha esperanza. Ou mirar aos ollos dos que falan para saber que non me están mentindo. Cando escoito aos políticos dando explicacións sempre noto como na pantalla aparece unha sombra negra e borrosa xusto diante dos seus ollos. Ata os televisores xa se están dando conta de que todos nos están mentindo.
Alfonso Otero Regal






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



