A Cofradía de Foz confirma ter unha subvención da Deputación igual que todas as agrupacións de pescadores na provincia
O patrón maior da Cofradía de pescadores de Foz, Juan Ramón Lestegás, confirmou publicamente que dispón da mesma subvención da Deputación de Lugo que todas as demais agrupacións do sector na provincia. Lestegás ratificou que foi a propia Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, quen lle adiantou personalmente o pasado 18 de xaneiro a renovación da axuda anual correspondente ó ano 2013. Dita axuda, idéntica para todas as agrupacións profesionais do mar, manterá exactamente o mesmo importe que nas pasadas convocatorias.
O patrón fixo estas declaracións tras o encontro que volveu manter esta tarde coa Vicepresidenta da Deputación nas instalacións da Cofradía da localidade focense para seguir traballando en común. Lestegás xa era coñecedor da renovación da axuda para o 2013 dende o encontro que mantivo en xaneiro coa Vicepresidenta na Festa do berberecho de Foz, tamén co-financiada pola área de Lara Méndez en apoio do sector.
Do mesmo xeito, o patrón maior da agrupación de pescadores focense subliñou tamén que lles consta que o abono da axuda correspondente ó ano 2012 farase efectivo en breve, unha vez se completen todos os trámites necesarios para o cobro de subvencións. Lestegás recoñeceu que, recentemente, a finais do ano pasado, enviaron á Deputación os derradeiros documentos xustificativos que validan o pago da axuda anual, polo que non dubida do seu cobro. Este é o prazo habitual xa que, as asociacións que deben xustificar subvencións anuais, agardan ó final do exercicio para presentar seu balance xustificativo.
Agora todas, antes só Vicedo
Pola súa banda, Lara Méndez destacou que “a institución provincial é a única das deputacións galegas que colabora por igual con todas as agrupacións de pescadores e mariscadoras da provincia”. Pero o esforzo non remata aí, a pesares de que o Goberno Central volveu reducir este ano o orzamento da Deputación de Lugo: “as axudas da institución provincial dirixida por Gómez Besteiro duplican a contía que destinaba o anterior goberno provincial do PP ás cofradías, que só beneficiaba a unha, a do Vicedo”. Para a Vicepresidenta este é un exemplo máis de como a Deputación hoxe xestiona mellor e busca o interese xeral.
Lara Méndez lembrou que “hoxe absolutamente todas as cofradías dispoñen dunha subvención da Deputación e ademais idéntica. A pesares de que as competencias neste sector corresponden en Galicia á Xunta, a Deputación suma un ano máis e potencia a economía do mar”.
Todas as subvencionadas son: Cofradía de Pescadores do Vicedo, Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro, Cofradía de Santa María do Campo de Ribadeo, Cofradía de Pescadores de Burela, Cofradía de Pescadores de San Ciprián, Agrupación de Mariscadoras de San Cosme de Barreiros e a Cofradía de Pescadores de Foz.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



