O vindeiro xoves, 31 de xaneiro de 2013, cómprense vinte anos da morte do que foi acaso o focego mais popular de tódolos tempos: Lisardo Rivas, O Xico, o histórico gardapraias, peza principal na soa e o prestixio do areal focense porque a súa presenza e as atencións para cos usuarios, en tempos de tan precarios medios de salvamento e socorrismo, el era unha garantía, cando nas demais praias do litoral apenas se atendía a tal aspecto.
No libro, “Foz, un lugar de ensueño”, da nosa autoría, que un par de anos antes publicara a editorial Everest, deciamos del: “Nació en Foz hace sesenta años.Es, puede decirse, un hijo del mar. Su infancia vivida en años de grandes hambres, fue mecida por los vaivenes de las lanchas en “a riveira”; el graznido de las gaviotas y el murmullo de las olas que morían a sus pies, enmarcaron la sonoridad de sus vivencias infantiles; el sol, la lluvia y los vientos curtieron su piel, llegando a producirse una auténtica simbiosis y una plena identificación entre el hombre y su medio natural. Familiarizado de siempre con el mar, su anatomía se desarrolló armónicamente como resultado del permanente ejercicio, y el amplio tórax le otorga aspecto de avezado nadador. Paralelamente se formaba un alma ingenua y bondadosa y un corazón generoso que desborda su amplia caja torácica. Es, en resumen, un tritón con alma de niño. Es Lisardo Rivas, el tan popular Xico; un hombre modesto, servicial, humilde que ha auxiliado a decenas de personas en trances difíciles y que cuenta con el afecto de cuantos le trataron, que se cuentan por miles… “.
Para o enterro o cadaleito saíu da Casa do Concello, acompañado por un xentío, cuberto pola primeira bandeira azul da UE concedida á praia da Rapadoira, en homenaxe e recoñecemento ao labor excepcional desenvolvido por Lisardo, sen dúbida o maior artífice do primeiro galardón concedido ao devandito areal. Vinte anos despois lembrámolo con agarimo.
Suso Fernández


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



