O PSdeG de Lugo convoca unha concentración diante do HULA con motivo do Día Internacional contra o Cancro
Os socialistas fan un chamamento ás asociacións, partidos, veciños e veciñas da provincia para que acudan cunha bolsa da roupa ou unha pequena maleta o luns ás 17.00 horas para censurar os traslados a outras provincias dos afectados que precisan os servizos de Radioterapia ou Medicina Nuclear
O PSdeG-PSOE de Lugo convoca unha concentración diante do HULA o luns día 4 ás 17.00 horas con motivo do Día Internacional contra o Cancro. Os socialistas fan un chamamento ás asociacións, partidos políticos, veciños e veciñas da provincia para que se sumen á iniciativa e acudan cunha bolsa da roupa ou unha pequeña maleta, como símbolo de solidariedade cos afectados que teñen que trasladarse a outras provincias para recibir radioterapia ou ser diagnosticados con medicina nuclear. “É un tema moi serio, trátase dunha cuestión prioritaria para todos e todos temos que estar xuntos nisto, non cabe outra cousa”, afirman desde o PSdeG lucense.
Os socialistas lembran que uns 800 enfermos de cancro en Lugo teñen que desprazarse cada ano a outras provincias, como A Coruña, para recibir o tratamento de radioterapia. Moitas veces os desprazamentos son en grupos e a horas intempestivas, tendo que esperar a que todos os demais rematen o tratamento para regresar, cos conseguintes prexuízos para as persoas que sufren a enfermidade e os seus familiares. Ademais, o PSdeG insiste en que só cinco provincias españolas, ademais de Lugo, carecen deste servizo, e todas elas (Ávila, Palencia, Teruel, Segovia e Soria) teñen a metade e ata unha cuarta parte da poboación de Lugo. Os socialistas rexeitan a proposta da Xunta, que apraza a decisión e di que implantará este servizo cando renoven os equipos do resto de provincias de Galicia para que sexa máis barato, o que consideran “un insulto” aos veciños e veciñas de Lugo. “Non somos cidadáns de segunda e non o imos permitir”, advírtenlle ao Goberno galego.



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



