O BNG DESTACOU O ACORDO DA CORPORACIÓN PARA APOIAR AS DEMANDAS DOS AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES E SUBORDINADAS, AFECTADOS POLOS ABUSOS DAS ELÉCTRICAS E A REBAIXA DAS TAXAS AOS COMERCIANTES NO MERCADO SEMANAL DE SAN CIBRAO.
Cervo, 9 de febreiro de 2013. O BNG destacou o acordo da Corporación Municipal no pleno celebrado na tarde de onte en Cervo para apoiar as demandas da Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas e agradeceu ao PP a retirada dunha moción presentada polo concelleiro, parlamentario, Secretario Provincial do PP e Secretario da Cámara Galega, José Manuel Balseiro, ausente onte no pleno, que demandaba actuacións sobre mesmo asunto incoherentes coas demandas da Plataforma mariñá. Os nacionalistas igualmente celebraron o acordo unánime para apoiar as demandas dos afectados polos abusos da eléctricas, aínda que criticaron que o PP a pasividade da Consellaría de Industria e especialmente da Delegación de Lugo por non facer cumprir a normativa vixente. Na mesma liña parabenizaron ao grupo de goberno por correxir e rebaixas as taxas excesivas aos comerciantes do mercado semanal de San Cibrao que facian perigar este mercado, ademais instaron ao grupo de goberno a exercer políticas de apoio ao pequeno comercio.
ACORDO UNÁNIME EN APOIO DA MOCIÓN PRESENTADA POLA PLATAFORMA MARIÑÁ DE AFECTADOS POR PARTICIPACIÓNS PREFERENTES E SUBORDINADAS E RETIRADA DA MOCIÓN DO PP
Os nacionalistas celebraron o apoio unánime da corporación municipal á moción presentada polos afectados por participación preferentes e subordinadas da Mariña ao tempo que agradeceron a retirada do 5º punto do orde do día no que o concelleiro, parlamentario, Secretario Provincial do PP e Secretario da Cámara Galega, ausente onte no pleno, que demandaba actuacións sobre mesmo asunto incoherentes coas demandas da Plataforma mariñá, os nacionalistas quixeron matizar que tanto a cordialidade existente no pleno como a retirada deste punto non sería posíbel coa presenza de Balseiro no pleno, mais amigo da confrontación política que de buscar acordos”
APOIO AOS AFECTADOS POLOS ABUSOS DAS COMPAÑÍAS ELÉCTRICAS
De igual maneira a iniciativa promovida pola Plataforma de Afectado polos abusos da compañías eléctricas foi apoiado por unanimidade. Neste punto, dende o BNG matizouse que o apoio da corporación debe vir acompañado de medidas reais da Consellaría de Industria para facer cumprir a lexislación vixente e criticaron unha emenda do PP que pedía que a Xunta continuase compromentendo medidas a favor dos usuarios, algo que contrasta coa parálise da Consellaría en facer cumprir a normativa xa existente.
No punto de preguntas os nacionalistas pediron ao alcalde datos sobre os excesos na facturación polos consumos do propio concello, saber si os contadores instalados cumpren coa legalidade e informe da Consellaría de Industria sobre a legalidade destes aparellos.
O GOBERNO MUNICIPAL SÓ ACERTA CANDO CORRIXE E ONTE TIVEMOS UN EXEMPLO COA REBAIXA DAS TAXAS AOS COMERCIANTES DO MERCADO SEMANAL DE SAN CIBRAO
O BNG lembroulle ao goberno local as súas críticas á ordenanza fiscal sobre a venta no mercado semanal de San Cibrao que puxeron en perigo a súa continuidade, “non é normal que unha actividade que ademais de ser beneficosa para os propios vendedores, para os veciños e para o conxunto do comercio local se vexa gravada en exceso cando debería apoiarse e promoverse, os nacionalistas ademais esgrimiron o resultado da recadación pola aplicación desta ordenanza que lonxe de aumentar diminuíu dende a súa aprobación.” Neste sentido consideraron positiva a rebaixa da taxa xa que axuda á economía e dinamiza a vida social en San Cibrao.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



