As peñas barcelonistas da Mariña lucense e do Occidente asturiano organizan unha cea baile de confraternidade. Nesta segunda edición terá lugar tamén no restaurante Asador de Barreiros. Será o sábado 23 de febreiro a partir das 22.00 horas. A data para retiralas tarxetas remata o día 17 deste mesmo mes. O servizo de autobuses será dende Burela e Navia, pasando polas localidades requiridas. O prezo da cea será de 40 € por persoa e o servizo de autobús de 5 €. Os interesados en participar ou recibir máis información, poderán dirixirse ó teléfono 625 82 10 44 antes do día 17. Con esta cea, as peñas barcelonistas da zona amosan unha cordial relación entre elas, igual que o fan compartindo viaxes para ver en directo ó FC Barcelona. As peñas confirmadas son, Peña Barcelonista da Mariña (Burela), Peña Barcelonista San Miguel (San Miguel de Reinante), Azulgranas Asturgalaicos 12 puentes (Vegadeo) e Gran Peña Occidental de Navia.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



