A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña continúa co ciclo de actos públicos para informar á poboación da situación da sanidade pública na comarca e a súa progresiva degradación froito de políticas erradas que so buscan transformar nun negocio o que até agora era un sistema exemplar que atendía ao conxunto da poboación sen exclusións. Representantes da Plataforma explicarán a súa actividade o próximo venres 15 de febreiro ás 20:00 na Casa das Letras de Ribadeo e xa advertiron que de non aprobarse correccións nos orzamentos da Xunta para 2013 valoran chamar á poboación mariñá a mobilizarse unha vez mais na defensa da sanidade pública. Dende a Plataforma criticaron “as bágoas de crocodilo” do xerente do Hospital da Costa que ao tempo que “admite o colapso do centro mariñao” non asume a súa responsabilidade como xerente e incluso “colabora nos recortes de persoal e nos reiterados incumprimentos para a súa ampliación.”
A Xerencia do Hospital é parte responsábel e cómplice do colapso do Hospital da Costa
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña acusou á Xerencia do Hospital das Costa “de ser parte responsábel dos problemas do centro sanitario”, para a Plataforma “non é tolerábel que a xerencia admita o colapso da UCI, Menciña Interna ou Urxencias ao tempo que aplica recortes na contratación de persoal ou cala ante os incumprimentos na ampliación do centro”. “E feito que a capacidade do Hospital da Costa está desbordada, que o persoal sanitario está desbordado ou que cada vez mais pacientes son derivados a outros centros e de nada serven os intentos da dirección hospitalaria por tapar estes problemas con escusas de mal pagador”.
Para a Plataforma os recortes nas contratacións de persoal executadas pola Xerencia do Hospital da Costa nos exercizos pasados derivan nos brutais recortes orzamentarios para 2013 que se achegan aos 2 millóns de euros, do mesmo xeito a saturación en determinadas áreas do centro non son mais que a causa dos constantes incumprimentos do goberno galego para a ampliación do Hospital, a xerencia sábeo e cala mentres o centro continúa o seu proceso de degradación.
Parte da solución está na corrección dos orzamentos previstos para 2013, tanto para ampliación como para persoal
Os gravísimos recortes no orzamento para persoal no hospital da Costa non agoiran nada bo para o funcionamento do centro en 2013 e moito menos os 50.000 euros previstos para ampliación. Para a Plataforma o PP está a tempo de corrixir estas partidas económicas no debate de emendas aos orzamentos e cumprir dunha vez as súas promesas coa Mariña. Neste sentido anunciaron que farán toda a presión necesaria para lograr este obxectivo e nesta liña non descartou acudir á unha nova mobilización social para forzar ao PP a rectificar a súa actitude. No mesmo sentido dende a Plataforma anunciaron que apoiarán o peche do día 14 no Hospital da Costa contra os recortes salariais e de condicións de traballo e contra o deterioro e privatización da Sanidade Pública.
Os actos informativos continuarán este venres 15 na Casa das Letras de Ribadeo
Os e as representantes da Plataforma anunciaron que o próximo venres ás 20:00 continuarán co ciclo de actos informativos na Casa das Letras de Ribadeo onde informarán á xente da problemática situación da sanidade pública na comarca. A poboación mariñá ten que tomar conciencia de que si non existe unha presión social importante será difícil reverter esta situación de progresiva degradación asistencial, tanto en sanidade primaria como especializada.
























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



