Na xornada de onte o portavoz do PP de Ribadeo acusou nos medios de prensa ao BNG de “orquestrar” unha protesta cívica contra os desafiuzamentos diante da sede do Partido Popular ribadense e de convocar este acto de protesta mediante unha pegada na que participaron “representantes do goberno municipal”. Despois da incredulidade inicial coa que recibimos as manifestacións de López Penabad puidemos comprender a orixe de tales afirmacións.
O responsable local do BNG de Ribadeo, Xavier Campos, explica que “é certo que hai un par de días dúas concelleiras do BNG, xunto cun grupo de militantes, realizaron unha pegada de carteis na nosa vila. Ocorre que, curiosamente, esa pegada de carteis era para convidar aos e ás ribadenses á xornadas sobre a praia das Catedrais e a Rede Natura que tivo lugar onte na nosa vila, organizada polo BNG baixo o título “A Rede Natura en Galiza: Como preservar o seu futuro?” e na que estivo presente a señora Pía Bucella, Directora xeral de Natureza, Biodiversidade e Uso da Terra da Unión Europea”.
“E certamente ese mesmo día outro grupo de persoas estiveron a pegar por Ribadeo outros carteis da Plataforma de Afectados pola Hipotecas, nos que se daba conta do número de sinaturas que se recolleran no Estado en prol dunha Iniciativa Lexislativa Popular sobre a dación en pago, que foi debatida no Congreso grazas á presión social (xa que nun comezo, o PP anunciara que non ía ser admitida a debate). Nese mesmo cartel da Plataforma de Afectados polas Hipotecas convocábase unha cazolada na sede do Partido Popular ribadense”, explica Campos.
“Xa que logo, dános a impresión de que o señor López Penabad, queremos supoñer que mal informado por algún seareiro entusiasta, pecou novamente de imprudencia e botou a lingua a pacer. Non se poden facer afirmacións como as que fixo onte sen ter certeza de que son certas, porque despois pasa o que pasa: que se cae no ridículo, como lle pasou a Penabad. No BNG pedímoslle pois que admita a súa confusión e se desculpe publicamente polas súas declaracións, a non ser que queira seguir difamando a membros do Goberno Municipal a sabendas de que minte”, argumenta.
“Evidentemente nós, como BNG, nada temos que dicir sobre esa acción realizada por persoas vinculadas á Plataforma de Afectados polas Hipotecas. Son eles e elas as que poden responder directamente ao PP de Ribadeo. Mais en calquera caso aproveitamos a ocasión para manifestar a nosa comprensión e respecto a esas accións críticas coas políticas socialmente inxustas e crueis que o PP está a levar a cabo. Entendemos que esas accións obedecen á lexítima e necesaria resposta que se está a dar desde a cidadanía diante das políticas antisociais aplicadas polo goberno estatal, e galego, do PP. Son esas políticas, e non os cidadáns que as padecen, quen están a provocar un clima de crispación social do que o PP é responsábel”,engade.
“Nós no BNG o tema dos desafiuzamentos no BNG témolo moi clariño. Moitos dos bancos intervidos contan cun inxente número de pisos da época do boom urbanístico, cos que hoxe se debería crear unha Bolsa de Vivenda Pública de carácter social e con prezos accesíbeis e xustos. Igualmente debe procederse á admisión da dación en pago como xeito de acabar coa débeda hipotecaria das familias. É tal a importancia que o BNG lle dá a este tema que ten convocada mobilizacións, nas grandes cidades, para o vindeiro día 16 de febreiro”, apunta.
En definitiva, dende o BNG de Ribadeo concluén dicindo que “esta é unha nova demostración dos modos de facer política que teñen no PP ribadense, onde cren que a mentira e o xogo sucio, sumados a intereses espúreos, conducen ao que eles procuran: o rédito político antes que o ben común dos ribadenses. Non habería quen no Antroido lles regalase uns sobres…de tila?”.



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



