Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2013.- Unha das redes sociais con máis usuarias e usuarios, Twitter, xa está dispoñíbel en galego. A Mesa pola Normalización Lingüística festexa a boa nova, “ moito máis nun tempo en que hai tan poucas boas noticias”, anima ao conxunto da sociedade a escoller a opción galega e felicita ao “amplo movemento social que conseguiu que o idioma do noso país deixase de estar excluído”.
Así e todo, o presidente da Mesa, Carlos Callón, fai notar que “no mesmo chío en que Twitter dá a coñecer a tradución oficial ao galego (en beta), anuncia a tradución para iOS e Android do catalán e do vasco”. “O galego chega tarde non por ningún defecto de fábrica nin porque sexamos un pobo inválido para a tecnoloxía nin porque non haxa demanda social; o galego está a chegar tarde porque o idioma do país non conta co apoio do goberno que debería defendelo”, lamentan desde a maior asociación cultural de Galiza.
“O movemento cidadán galego tivo que facer moito máis para conseguir o Twitter no seu idioma que o que tiveron que facer noutros lugares”. Callón considera que a clave de tal diferenza de tratamento é “que nós non temos un goberno que dea a cara pola nosa lingua e pola nosa cultura”.
Desde A Mesa lembran que “o PP ten unha política discriminatoria co galego no que di respecto á súa incorporación ás novas tecnoloxías”. Poñen como exemplo que o decretazo “mal chamado do plurilingüismo” prohibe o ensino na lingua de Galiza da materia de Tecnoloxía, que o Parlamento galego non solicita móbiles que teñan opción en galego, que o programa informático da Xunta para os xulgados impide usar o galego, que o programa informático do SERGAS secundariza o idioma propio, etc.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



