Este é o segundo ano no que a Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organiza un xantar para que os veciños celebren xuntos a festividade da Pascua. Os asistentes, preto de 100 persoas, degustaron un menú composto por langostinos, xamón cocido, chourizos e patacas que foi elaborado e servido polos membros da Xunta Directiva. Tampouco faltou o doce, milhojas de crema e trufa, e para os nenos, un ovo de Pascua. A música correu a cargo do dúo Aguamarina. Dende a Xunta Directiva agradecen a boa acollida que tivo esta actividade.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



