Lourenzá, 2 de abril de 2013. O BNG de Lourenzá rexistrou onte nas oficinas municipais unha moción pola que se pide que dun xeito inmediato se proceda á reparación das liñas de alumado público que están a fallar xa dende hai moito tempo no Concello, pois é ben sabido por todos que cando hai unha pouca de chuvia rúas enteiras se quedan sen alumado por deficiencias na instalación, mesmo barrios enteiros que supostamente colgan do mesmo circuíto eléctrico, estes feitos reprodúcense xa dende hai moitos meses nas rúas de Lourenzá cando hai chuvia, aínda que non exclusivamente, sen que ninguén faga nada. Rúas como Campo da Feira, Pista de Chao, Rego Vilazo, Obispo Villarroel, Muiño do Frade ou Secretario Luís Iglesias ou mesmo a Avenida Calvo Sotelo son algunhas das que resultan afectadas.
Dende o BNG de Lourenzá son ben conscientes de que o equipo de goberno do PP laurentino é suficientemente coñecedor destes feitos, aínda que polo de momento non parece haber feito nada para resolver o problema ou para polo menos informar á veciñanza de posibles solucións e prazos das mesmas.
Un problema de seguridade viaria.
Dende o BNG de Lourenzá quérese facer fincapé nos efectos que estas deficiencias no alumado poden producir, segundo as verbas do concelleiro nacionalista César Docampo: “Non se trata só de malestar ou de dar unha pobre imaxe, senón que supón un grave problema de seguridade viaria xa que algunha das rúas afectadas incluso carecen de beirarrúas, e en caso de telas circular por elas a escuras resulta moi perigoso para a seguridade dos peóns”.
Unha solución tecnicamente axeitada, non serven os apaños.
Neste senso os nacionalistas laurentinos critican a pasividade que mostra o goberno municipal ante uns feitos tan graves e ínstao á aprobar unha moción na que principalmente se recolla como punto de acordo o inicio dun estudo técnico serio sobre o problema en cuestión para así poder evalualo, orzamentalo e posteriormente facer as reparacións pertinentes na rede de alumado público, restituíndo deste xeito un servizo polo cal os veciños están a pagar e de momento non teñen.




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



