O grupo de Montaña do Club Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia organiza unha nova ruta. Neste caso trátase da Ruta dos Portos de Brao (La Pola de Gordón, León) que se desenvolverá o sábado 6 de abril con saída ás sete e media da mañá dende Tapia. José Luis da Peruyeira será o guía desta ruta de tipo circular de 12 quilómetros de distancia e de dificultade media que comeza na localidade de Cabornera. Subirase ata os portos de Fonfrea, Espinedo, Santa Cruz e ao Pico Feliciano. Despois de dirixirse a Hoz Escura, achegaranse a Paradilla de Gordón e de volta a Cabornera. Os prezos son de 3 euros para os socios colaboradores, 5 para os socios e 12 para os que non o son. Para inscribirse é preciso contactar antes do xoves 4 de abril cos teléfonos: 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Rafa) ou 608 540 828 (Eva).





















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



