A aula universitaria da UNED en Foz organiza un curso de Ofimática para PEMES: Hojas de cálculo que será impartida do 29 de abril ao 14 de maio –luns, martes e mércores- por José Juan Torre Barbeito en horario de seis e media da tarde a nove e media do serán. Son un total de 20 horas lectivas -que contan co recoñecemento dun crédito ECTS e dous créditos de libre configuración que aínda están en trámite- nas que se abordarán programas de follas de cálculo comúns – Excel e Calc-, inserción e edición de datos, manipulación de datos, operacións con rangos, fórmulas e cálculos, funcións, formato e presentacións e gráficos. Os interesados pódense dirixiar ao enderezo foz@lugo.uned.es ou chamar ao teléfono 982 133 699 para obter maior información ou formalizar a inscrición que conta cun prezo de 30 euros, 20 euros para alumnos con discapacidade e 25 para os alumnos da UNED ou parados.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



