O Burela Pescados Rubén conquistou o derbi galego no Multiusos Fontes do Sar tras derrotar ao Santiago Futsal por 1-2, nun duelo trepidante e con grandes doses de emoción. Con esta vitoria, a escuadra dirixida por Juanlu acariña a permanencia matemática na Primeira División xa que, a falta de tres xornadas, suma 15 puntos mentres o Puertollano, colista, contabiliza 7 no seu casillero.
O derbi transcorreu polo guión previsto, alta intensidade en ambas conxuntos que manexaron mellor a faceta defensiva que a ofensiva. O primeiro tanto presaxiábase fundamental para o devir do choque e tras un primeiro período sen goles, o estilete laranxa comezou a declinar o derbi. Matamoros acudiu á súa cita co gol, décimo na súa conta particular, no minuto 23 de xogo. Nesta ocasión aproveitou unha indecisión de Barrón tras saque en longo de Edu, para peitear o esférico e establecer o 0-1 que encheu de xúbilo á numerosa afección burelesa.
Co 0-1, os mariñáns gañaron autoridade no xogo pero Raúl Campos logrou o empate, minuto 26, tras lanzar unha falta directa espectacular ante a que Edu non puido facer nada. Acto seguido, foi o Burela Pescados Rubén o encargado de golpear por mediación de Cesinha, tras xogada de estratexia, que logrou o 1-2. Ambos equipos mantiveron o alto voltaxe do partido e a cinco para o final, o Santiago Futsal apostou polo porteiro-xogador que tanto froitos lle dá. Nesta ocasión, os laranxas lograron defender a súa renda para conquistar o derbi e a permanencia virtual.
Ficha técnica
Santiago Futsal: Barrón, David, Lucho, Barroso y Quintela –cinco inicial- Jorge, Eloy Rojas, Alan Brandi, Raúl Campos e Hamza.
Burela Pescados Rubén: Edu, Mimi, Iago Míguez, Isi, Matamoros – cinco inicial- Enrique, Christian, Hugo, Juanma e Cesinha.
Goles: 0-1, m.23, Matamoros; 1-1, m.26, Raúl Campos; 1-2, m.27, Cesinha.
Árbitros: Contreras Tejedor e Pérez Álvarez.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
