O Burela FS Pescados Rubén B finalizou a súa primeira tempada ligueira en Terceira nunha meritoria cuarta praza. O último compromiso, en derbi comarcal ante A Fuga Xove FS, deulles a vitoria aos laranxas (6-2).
O Burela FS Pescados Rubén B comezou cunha gran defensa e un ataque fluído creando numerosas ocasións. No minuto 3, Keko e Fabio, no 10, marcaron a primeira vantaxe. O equipo estaba a facer un bo partido en defensa pero as faltas, 5 en 5 minutos, fixeron que o equipo tivese que baixar a intensidade defensiva. Aínda así o Xove acabou tirando 3 dobres penaltis, un deles no minuto 15, que se converteu no 2- 1. No entanto, os laranxas tamén aproveitaron os 10 metros por medio de Manu, no 18. Cando todo parecía que chegaría así o descanso, nos últimos segundos, un lanzamento desde 14 metros, de Dani, reduciu as distancias de novo para os visitantes, 3-2, un gol que non facía xustiza ao que se estaba a ver sobre a pista.
Na segunda parte e sen o xugo das faltas, o equipo burelistas volveu incrementar a intensidade en defensa, con roubos moi perigosos que acababan en claras ocasións. O encontro subiu de temperatura tras varias entradas a destempo dos xovenses que acabaron en varias expulsións. Na primeira superioridade, os laranxas non foron capaces de crear moito perigo pola boa defensa do A Fuga FS. Non obstante, o Burela FS B volveu atopar fisuras, no minuto 27, tras unha boa contra que Manu finalizou ao segundo pau. Despois, coa segunda expulsión, Bruno foi quen de meter gol e poñer o marcador 5-2. A partir de aí o dominio foi total para os locais, con 6-2 definitivo de Souka, no minuto 31.
Copa. O Burela FS B internarase na competición copeira a próxima semana, en semifinais de ida e volta (12 e 19 de maio) co Cidade de Viveiro FS. O outro cruzamento estará protagonizado por 5ACoruña FS e Vilalba FS. A final está prevista para o 1 de xuño.
Ficha técnica
Burela FS B: Samuel, Bruno de Nois, Manu, Antón e Keko. Tamén xogaron Carlos, Souka, Fabio, Erik e Hélder.
Xove FS: Pulido, Ivi, Dario, Iago e Marcos. Tamén xogaron Dani, Dani Díaz, Álex Tatico.
Goles: 1-0, minuto 3, Keko; 2-0, minuto 10, Fabio; 2-1, minuto 15, Dani (d.p.); 3-1, minuto 18, Manu (d.p.); 3-2, minuto 20, Dani; 4-2, minuto 27, Manu; 5-2, minuto 30, Bruno; 6-2, minuto 31, Souka
Árbitros: Manuel Dans e María Corrochano























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
