A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou unha actuación dentro do Programa ‘Ler conta moito’. O Grupo Ouriol puxo en escena “De nome Rosalía”, unha proposta de dinamización con música, teatro e danza. A esta función asistiron tódolos alumnos/as, xunto con profesores, do IES Illa de Sarón de Xove. A poesía de Rosalía está adoito presente en diferentes recitais do Grupo Ouriol, mais neste ano no que se cumpre o 150 aniversario da súa obra Cantares Gallegos, quixeron compoñer un espectáculo monográfico dedicado á súa poesía , sobre todo ó contido en Cantares Gallegos e en Follas Novas. A recitación dos textos pola poeta Eva Veiga, vai acompañada da música en directo realizada polos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez.





















Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



