• Os populares acusan ó PSOE de facer unha oposición “mezcla de rastreira e de espectáculo televisivo”.
• Apoian a acción política do equipo de goberno.
Burela, a 18 de maio de 2013.- O Partido Popular de Burela manifestou hoxe a súa preocupación pola deriva que está tomando o PSOE local á hora de facer oposición, xa que “semella que o portavoz e presidente local, Alfredo Llano, está pensando máis en vivir ben ó calorciño da Deputación, mentres Remedios López e Ramiro Fdez. Rey van cada un deles absolutamente por libre, o que fai que o PSOE burelés teña tomado un camiño de absoluta anarquía e descontrol, que nada favorece á política municipal”.
Segundo o Comité Local do PP burelés, “Llano cobra máis de cincuenta mil euros anuais da Deputación e non tén ningún interese polo que pasa en Burela; Fdez. Rey é un arribista ambicioso condenado por coaccións con sentencia firme no exercicio da súa actividade como sindicalista, e López Villar é a demostración máis palpable da aplicación á vida política dun ‘talk show’ televisivo ridículo e fantasioso. E son estas as persoas que pretenden exercer a oposición?”.
“Con estes mimbres, afirman desde o PP, mal se pode facer un cesto decente; é máis, o PSOE é un cesto de grilos, dado que agora vese que López Villar debería dimitir por ter defraudado as arcas municipais e por enganar ós veciños de Burela dado que fixo obras sen licencia municipal; e porque quen foi condenado xudicialmete en firme pola súa actividade sindical, que é pública, Ramiro Fernández, mal pode representar ó PSOE. Precisamente por eso calquera dos dous están deslexitimados para facer oposición e ser alternativa”.
A oposición socialista, segundo os populares, “é unha oposición rastreira, escura, de lanzar sospeitas sen fundamento, do ‘difama que algo sempre queda’…, en definitiva, unha oposición que só busca acabar co rival político no aspecto persoal, como o demostraron co asunto da obra do POS, por exemplo”.
Os populares notan en falta propostas serias e rigurosas, e tamén apoio a certas cuestión que son de suma trascendencia para o concello: “por exemplo, non se entende que se opuxeran ó proxecto de canalización do rego do Perdouro cando deberían saber que é fundamental para o futuro de Burela (por eso o PSOE non presentou alegacións durante a exposición pública)”.
Pero desde o comité local do PP burelés advirten que “con esas actitudes, reprobadas pola maioría dos cidadáns, non nos van torcer nin un milímetro: defendemos a acción política, a xestión e a liña de traballo do equipo de goberno, e consideramos que quen non paga os impostos que lle corresponde, coma Remedios López, e quen foi condenado en firme por coaccións na súa actividade como sindicalista, como Fdez. Rey, non teñen lexitimidade para facer ningún tipo de oposición”.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



