A falta de algo menos de dúas semanas para a celebración da quinta edición do torneo de fútbol sala O Pasatempo, son xa varios os equipos anotados para participar. Quedan seis prazas máis por cubrir e o prazo de inscrición segue aberto. Recordamos que o evento terá lugar no Pavillón Municipal de Mondoñedo os días 7, 8 e 9 de xuño, cando xogadores da comarca da Mariña, o resto da provincia de Lugo e outros lugares como Asturias ou A Coruña poñerán o balón a rodar un ano máis.
A data límite para rexistrarse será o 5 de xuño, con un máximo de 24 equipos participantes. O sorteo de grupos e horarios realizarase esa mesma semana. O prezo de inscrición por equipo é de 100 €, a mesma contía que nos anos anteriores. Tódolos partidos contarán con árbitros federados e para os equipos que o precisen haberá descontos no aloxamento durante a fin de semana. Tamén se habilitará unha zona de acampada para aqueles que o prefiran. Nesta edición os premios serán os seguintes:
– 1º clasificado 1.500 € + trofeo
– 2º clasificado 600 € + trofeo
– 3º e 4º clasificado 200 € +trofeo
– Mellor equipo local 100 € +trofeo
Haberá ademais trofeos para o mellor xogador, o mellor porteiro e o máximo goleador. Tódolos trofeos son artesanais e orixinais, realizados por artesáns mindonienses e da comarca.
Para máis información e inscricións, os equipos interesados poden dirixirse ós seguintes números de teléfono: 630314749 – 651958770 (tamén por whatsapp).





















O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
