Foz acolle o Campionato Galego por equipos de clubs para a clase Optimist baixo a organización do Club Náutico de Foz en colaboración coa Deputación Provincial, o Concello de Foz e a Federación Galega de Vela.
As augas do golfo do Masma acollerán a competición entre o venres 31 de maio e o domingo 2 de xuño. O venres entre as seis da tarde e as oito e media abrirase a oficina de regatas para deixar paso á reunión de adestradores e xefes de equipo. Pola súa banda, o sábado 1 de xuño ás once da mañá soará a sinal de atención da primeira proba do día; mentres que o domingo as probas arrincarán ás dez da mañá. Ademais non se dará unha sinal de saída despois das tres da tarde, excepto a chamada xeral. Arredor das cinco da tarde procederase á entrega de premios.
A regata está reservada exclusivamente para a clase Optimist, admitindo cinco participantes por club; pero con so catro participantes en cada proba e realizándose probas de regatas por equipos.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
