Burela, 28 de maio de 2013. A semana pasada a ocupación hoteleira en Burela foi practicamente do 100%, segundo os datos que acaba de dar a coñecer a concelleira de Turismo, Mónica Pedre.
A edil popular subliñou que “a feira Expomar tivo unha vez máis unha repercusión moi importante na hostalería local. Os hoteis de Burela rexistraron unha ocupación de preto do 100% de xoves a domingo, e o resto da semana a porcentaxe tamén foi moi alta, dado que os representantes de moitas firmas comerciais chegaron xa aquí varios días antes do inicio de Expomar”.
Pedre indicou que “no Concello estamos moi satisfeitos con estes datos, polo que supuxeron para a economía local, porque tanto os hoteis coma os restaurantes, bares e mesóns estiveron cheos durante todos eses días”. E engadiu que “Expomar non só ten unha incidencia moi positiva na economía de Burela, senón na doutros puntos da comarca da Mariña, porque houbo moitas persoas que tiveron que aloxarse fora da nosa vila”.
A concelleira de Turismo dixo que “os visitantes que se achegaron a Burela durante a fin de semana, ademais de ver a feira Expomar aproveitaron para facer turismo polo noso concello. O barco museo Reina do Carme, o paseo marítimo, as praias, a Vila do Medio, o Monte Castelo… foron algúns dos puntos frecuentados. Burela ten moito que ofrecerlle ao visitante e niso estamos a traballar desde o equipo de goberno”.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



