Acaba de presentarse o Programa “Verán 2013 Xuventude” no Concello de Xove no que se recollen multitude de actividades para desenvolver nos vindeiros meses.
Á fronte deste programa está a Concellería de Sanidade, Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade, participando no mesmo a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), a Delegación de Xuventude e o Laboratorio de Investigación Social do Concello.
Dentro das actividades englobadas no programa que está sendo enviado a todos os fogares do municipio haberá rutas ao Santuario de San Antonio de A Rigueira. O 13 de xuño celébrase esta romaría e póñense a disposición dos camiñantes 8 rutas sinalizadas ata a capela. Segundo a parroquia que cadaquén elixa para iniciar a Romaría, haberá un horario de saída. Para facer un control da romaxe, cada Romeiro disporá dun carné de romaxe personalizado que lle ha servir para gañar a VENTURA (insignia de Romeiro) e do LIRIO DE SAN ANTONIO. Para unha maior información, dirixirse ao Laboratorio de Investigación Social do Concello ou no email lucia@xove.es. Tódolos que desexen inscribirse previamente, poden facelo no Concello antes do 12 de xuño.
Ademais desta actividade, o programa comprende moitas outras, incluíndo varias novidades con respecto ao pasado ano:
Xuño:
-Un das novidades será a celebración os días 18, 20, 25 e 27 de xuño do obradoiro “A SEXUALIDADE PARA ADOLESCENTES” dirixido a mozos e mozas de 12 a 16 anos. A inscrición será na OMIX antes do 15 de xuño.
-Sábado 22.- Segundo TORNEO DE Wii, para participantes de 12 anos en diante. Inscrición ata o 20 de xuño.
Xullo:
-“ENCONTROS PARA A SAÚDE: TALLER DE MEMORIA”. Vaise desenvolver no mes de xullo. Inscrición ata o 28 de xuño xunto de Angélica (Educadora Familiar) ou ben na OMIX. Actividade do Departamento de Educación Familiar.
-Do 2 ao 27.- CURSOS DE INFORMÁTICA para nenos e nenas de idades de 6 a 12 anos.
-Mércores 10.- PAINT BALL para rapaces e rapazas de 12 a 18 anos.
-Sábado 20.- VIAXE A CERCEDA, para rapaces e rapazas de 13 a 35 anos.
-Sábado, 27 de xullo.- PAINT BALL para maiores de 18 anos.
O prazo para inscribirse nestas actividades (informática, paint ball e viaxe a Cerceda) rematará 7 días antes do día de comezo de cada actividade.
Xullo e agosto:
Durante estes dous meses desenvolveranse as MAÑÁNS ACTIVAS DE VERÁN, dirixidas a mozos e mozas de entre 10 e 16 anos. O programa vaise desenvolver os martes (mnemotecnica, informática e convivencia), mércores (manualidade, corresponsabilidade e actividades na natureza) e os xoves (reciclaxe, fotografía e informática). Este programa é a primeira vez que se fai, polo que se trata dunha novidade do programa deste ano. Información e inscrición na OMIX ou ben no teléfono 982 571 816.
Agosto:
-Venres 2 e sábado 3.- CAMPAMENTO para nenos e nenas e rapaces e rapazas de 10 a 16 anos. Inscrición ata o 27 de xullo.
-Sábado 31 de agosto.- DÍA DA XUVENTUDE. Durante o día, actividades na OMIX. A partires das 22:00 horas, NOITEXOVE, con festa rachada para despedir o verán.
Setembro:
-VIAXE AO KARTÓDROMO DE TAPIA. A data para esta actividade inda está por confirmar, pero precísanse un mínimo de 20 persoas para levala a cabo. A actividade diríxse a mozos e mozas de 16 a 35 anos e o período de inscrición remata o 26 de agosto.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



