Burela, 30 de maio de 2013. A segunda festa castrexa celebrarase en Burela o vindeiro 6 de xullo. O evento, que organiza a ACIA local co patrocinio do Concello e unha achega importante da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, foi presentado esta tarde. Ao acto asistiu o alcalde, José Mª González Barcia.
O rexedor lembrou que “a primeira edición, celebrada o ano pasado, foi todo un éxito e nosoutros confiamos en que este ano, no que se mellora o programa respecto ao pasado, este éxito se incremente. Tamén se aumenta a achega económica que fai o Concello á festa castrexa, o que demostra que hai unha colaboración moi estreita entre a asociación de comerciantes e o Concello. Por exemplo, sen ir máis lonxe, no pasado Nadal o Concello sufragou os gastos de colocación da Árbore dos Desexos na Praza do Concello”.
Para González Barcia “estamos ante unha cita turística estival de enorme repercusión para o noso pobo e, aínda que estamos na segunda edición, eu teño o firme convencemento de que vai ser un absoluto éxito, que xa está garantido de antemán a pouco que o tempo nos axude. O programa de actos é intenso, desde xa a primeira hora da mañá coa concentracións dos clans ata a festa xa á noite. Pero tamén adiantamos que vai haber actividades culturais vinculadas coa segunda edición da festa castrexa. Están sen pechar aínda que están xa esbozadas e bastante definidas, pero falta darlles o último toque. Serán presentadas de forma e maneira oportunas para que as persoas interesadas teñan o máis amplo coñecemento sobre as mesmas”.
O alcalde de Burela agarda que “a festa sexa un éxito e pedirlles a todos que nos disfracemos, que nos vistamos de castrexos e que participemos de forma activa na festa. É unha fórmula, quizais a mellor, para darlle realce á festa e ao noso pobo e poñer esta festa nunha data importante e sinalada xa non soamente no circuíto festivo da nosa comarca se non da provincia e da nosa comunidade autónoma. Así que moito ánimo e a participar de maneira activa o próximo día 6 de xullo, que seguramente que Burela vai estar a rebordar de castrexos e, ao mellor, tamén dalgún que outro romano”.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



