A distribuidora galega de teatro e música Culturactiva SCG presenta a súa nova aposta para as festas deste verán en Galicia. Chámase ‘Verbena Galega’ e constitúe unha verdadeira revolución á hora de programar festexos, xa que está “todo incluído”, segundo afirma a dita entidade. Música, teatro, un presentador/a, clown…, e todo dentro dun tráiler con son e iluminación. A festa completa!
Máis de cinco horas de música con diferentes estilos, que van desde o tradicional ata a “pachanga” pasando por un picadiscos para rematar a xornada festeira. Este formato, “o máis básico”, segundo apunta o responsable de produción de Culturactiva SCG, Manuel Vicente, pode completarse cun condutor ou condutora da gala, ademais de con animacións musicais entre os pases dos grupos e/ou actuacións de teatro e clown previas ao inicio da Verbena.
Sen dúbida, “o feito de Culturactiva SCG facer a produción, a posta en escena, a iluminación, o son, o transporte das e dos artistas, e demais tarefas necesarias á hora de realizar unha boa festa” son uns dos maiores atractivos deste “pack cultural en galego” disposto a conquistar as festas todas de Galicia.
Con grupos en cartel como Pandeiromus, A Compañía do Ruído, O Sonoro Maxín, as animacións de Ce Orquestra ou Bloquinho Aperta ou o teatro de NNNN ou NNNNNNN, “o éxito está asegurado”, afirman desde Culturactiva. Ademais, a distribuidora insiste en que “este formato revolucionará o xeito de facer festas”, xa que é a distribuidora a que se encarga de todo, mentres que habitualmente as comisións de festas e demais organizadores de eventos “teñen sempre unha grande carga de traballo” á hora de poñer en marcha os festexos.
O tráiler con 40 kw de son Line Array e 100 kw de iluminación espectacular comezará a xirar por Galicia con varias datas xa pechadas, como son o 17 de maio en Lugo e está dispoñible para chegar a calquera recuncho do país co obxectivo de levar a ‘Verbena Galega’ alí onde se precise.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



