No colexio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo segue o concurso de guións radiofónicos Radiando igualdade, que organizan o CIM e a Concellaría de Igualdade. Esta mañá tiveron lugar dúas mesas redondas, unha sobre a presenza da muller e a igualdade nos medios de comunicación. Un grupo de alumnas de 2º da ESO foi a encargada de entrevistar aos xornalistas Juana Carrera da COPE, José Alonso de La Voz de Galicia e Pablo Villapol de El Progreso. A outra mesa versou sobre a presenza da muller na política, no ensino e na sanidade. Nesta participaron a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, o profesor Manel Yáñez e a enfermeira Carmen Arán.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.



