A 50ª edición da feira de mostras de Vegadeo, que se celebrará desde este xoves ata o domingo, homenaxeará aos fundadores do certame. Contará cun presuposto de 140.000 euros e haberá numerosas actividades de ocio. Ademais da feira, no salón de sesións do Concello presentouse hoxe unha aplicación para dispositivos móbiles a través de código QR para promocionar turisticamente o municipio.
A alcaldesa, Begoña Calleja, manifestou que será “una de las ferias más importantes en Vegadeo, pues tenemos la oportunidad de disfrutar de esta 50 edición. Sin duda un número de gran relevancia y para que un pueblo se sienta muy orgulloso. En esta edición 50 de la Silvallana vamos a rendir un sentido homenaje a todos aquellos fundadores, que pusieron la primera piedra para lo que hoy estamos conmemorando: unas bodas de oro. Tiene un carácter muy marcado de esa primera feria del año 64. Como pueden ver, los escaparates de nuestro pueblo están llenos de fotos de esa primera feria. Esos primeros, que ahora se denominan emprendedores y que sin duda en aquella época lo eran, se decidieron a hacer de Vegadeo el sitio importante de la comarca con esa primera feria. A ellos va nuestro sentido homenaje y para ello tenemos un montón de cosas que van a hacer, sin duda, de esta feria algo recordado para los próximos años. Generaciones futuras podrán ver esa primera edición y este 50 aniversario. Este carácter antiguo, vintage, marcado de los años 60 está avalado por alguno de los que trabajó en esa primera feria. De hecho alguno está aquí y nos ha dado esas ideas y sobre todo esas sensaciones”.
A rexedora explicou que “todos los años la feria de muestras de Vegadeo, la Silvallana, tiene una temática específica. Este año tiene la mejor, que es su propio homenaje, que va dirigido a estos primeros organizadores, pero sobre al pueblo. A un pueblo que ha querido, que ha sabido y que ha entendido que lo mejor que le podía pasar era esta feria y que, desde luego, ha luchado durante 50 años para que esté viva. Estos últimos días han sido de entrevistas, de muchas preguntas, sobre cómo puede ser que en esta época, en estos momentos en los que apenas quedan ferias, se pueda mantener la feria de Vegadeo. Y la única respuesta que encuentro para esta pregunta es porque el pueblo se ha empeñado desde ese año 64 en que así fuera. El momento en que llega, el fin de semana de junio de la Silvallana, el pueblo se vuelca, tanto los que están aquí como los que están fuera y hacen un hueco para poder venir. Y ese entusiasmo de la gente, de todos los que luchan año a año es lo que nos hace estar aquí donde estamos. Con lo cual esto no deja de ser consecuencia de mucha gente que ha trabajado y vaya para ellos nuestro más sentido homenaje”.
Ademais Begoña Calleja anunciou que “este año también vamos a hacer una colaboración con la asociación filatélica vegadense Río Suarón, que consiste en un matasellos especial, que conmemora este 50 aniversario”.
A alcaldesa tamén deu a coñecer o máis destacado do amplo programa de actividades: “esta edición de la feria va a tener sorpresas y cosas diferentes, como no puede ser de otra manera. Empezaremos ya por la inauguración, que tendrá lugar el próximo jueves en la Plaza del Ayuntamiento, en la plaza que sin suda tiene el carácter más sentido para un pueblo. Esperamos contar con algunos que los empezaron con esta feria, de los que tuvieron esta idea, y los que no están serán representados por sus familiares. Han sido invitados este año, y por primera vez en la historia de esta feria, los 77 alcaldes del Principado de Asturias y los alcaldes de toda la Mariña lucense. Creemos que es un momento para conmemorar y queremos que nos acompañen”.
Calleja deu ás grazas a veciños, a visitantes, a fundadores e a todos os colaboradores e patrocinadores da actual edición do certame, que conta cun presuposto de 140.000 euros e máis de 150 expositores “y con lista de espera, debido a que este año ha sido especial. Parece que bodas de oro suena mucho, 50 años suena a muy potente y hemos tenido muchísima afluencia de gente interesada en participar este año”.
O recinto feiral estará aberto ó público o xoves de 15 a 22 horas, con entrada gratuita, e o venres, sábado e domingo o horario é de 10 a 22 horas. O prezo da entrada para un día é de 3 euros e o pase para todos os días custa 5 euros.



















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



